Provincia
Entra en funcionamento o transporte metropolitano na área de Vigo
As tarxetas de usuarios poden adquirirse nas 24 oficinas distribuidoras de Abanca a un prezo subvencionado de 2 euros, sen necesidade de ter unha conta asociada e sexa cal sexa o lugar de empadronamento do usuario
O Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo entrará en funcionamento a partir deste luns, 27 de abril, con descontos medios do 50% no custo dos desprazamentos. O plan bota a andar cos doce concellos que subscribiron o convenio coa Xunta de Galicia para a súa posta en marcha e reducirá o prezo dos desprazamentos entre eses municipios, así como entre eses concellos e o de Vigo.
Os concellos integrados no Plan de Transporte Metropolitano da Área de Vigo son Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Pazos de Borbén. Os veciños de Vigo tamén se poden beneficiar deste plan nas súas viaxes aos concellos limítrofes, aínda que, pola ausencia deste concello do Plan non se inclúen nel os transbordos gratuítos no urbano.
O Plan de Transporte Metropolitano baséase nun sistema zonal no que os prezos das viaxes varían en función do número de saltos definidos entre o lugar de orixe e o destino da viaxe. Por exemplo, un desprazamento en transporte metropolitano desde calquera localidade do concello de Baiona ata calquera parada do concello de Vigo está catalogado como de 2 saltos, polo que o custo da viaxe será de 1,30 euros. Antes da aplicación das novas tarifas asociadas ao plan, este mesmo desprazamento tiña un custo de 2,31 euros. Un traballador que se desprace cada día desde Vigo ao Porriño pasará de pagar 1,64 por viaxe a 0,84 euros coa tarxeta metropolitana.
O sistema zonal permite ademais que, por exemplo, un veciño que queira desprazarse desde O Porriño a Nigrán, facendo transbordo en Vigo, deba aboar simplemente os 0,85 euros do primeiro billete. Ata o de agora, esa persoa debía aboar 1,64 € pola viaxe de O Porriño a Vigo, máis 1,69 de Vigo a Nigrán, é dicir, 3.33 euros.
No caso de Vigo, o Plan de Transporte Metropolitano é ademais, intermodal, posto que inclúe autobús e transporte de ría. As 11 compañías concesionarias das liñas de transporte entre os diferentes concellos e as tres empresas navieiras que levan a cabo o transporte de ría xa adaptaron nas últimas semanas os seus mecanismos de pago para que os cidadáns poidan facer uso deste servizo que xa funciona nas áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
Descontos
Para acceder aos descontos do plan é necesario adquirir a tarxeta TMG, que están á venda desde o pasado xoves en 24 oficinas de Abanca cun prezo subvencionado de dous euros. Estes dispositivos de pagamento pódense adquirir sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentando o DNI.
Poden adquirir as tarxetas todos os cidadáns que o desexen, independentemente do concello no que estean empadroados. Funcionan como tarxetas moedeiro que deberán recargarse nas oficinas ou nos caixeiros.
O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas. Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal) e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático.
O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, http://tmg.cmati.xunta.es/, ofrece información precisa sobre o procedemento de recarga na rede de caixeiros electrónicos e nas oficinas desta entidade, así como unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136