Jueves, 23 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

Medio ambiente autoriza as obras para o acondicionamento de máis de 20 quilómetros de sendeiros marítimos no concello de Sanxenxo

Son cinco sendas que discorren polos lugares de Sanxenxo, Areas, Canelas, Montalvo, Major e A Lanzada e teñen por obxectivo poñer en valor estas zonas do municipio

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de trasladar a autorización de obras na zona de servidume de protección do Dominio Público Marítimo-Terrestre nos lugares de Sanxenxo, Areas, Canelas, Montalvo, Major e A Lanzada no termo municipal de Sanxenxo.

 

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e urbanismo vén de remitir a resolución na que se informa desta autorización, despois da solicitude formulada polo Concello de Sanxenxo, para a realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público.

 

As obras consisten no acondicionamento de varios sendeiros marítimos para a súa posta en valor e goce de veciños e visitantes, e centraranse na sinalización xeral e información que se recollen no proxecto de Miradores e sendeiros azuis de Sanxenxo.

 

Trátase de cinco sendas que suman unha lonxitude de máis de 23 quilómetros. Os tramos nos que se dividen son o sendeiro litoral de Sanxenxo a Portonovo (9.735 metros), o sendeiro litoral de Areas- Punta Festiñazo (738 metros), o sendeiro de Canelas a Cabicastro (de 3.237 metros) o sendeiro litoral de Montalvo a Major (6.556 metros) e o sendeiro litoral máxico de A Lanzada (de 3.194 metros).

 

Tal e como se sinala na resolución que se vén de trasladar ao Concello de Sanxenxo, a actuación debe adecuarse á normativa sectorial: como a de patrimonio por canto se desenvolve en zonas con elementos catalogados, así como a normativa de supresión de barreiras arquitectónicas de Galicia.

 

Tamén se destaca que durante a execución das obras deberanse adoptar as medidas necesarias para garantir a integridade do dominio público marítimo-terrestre e as súas zonas de servidume, como a seguridade de persoas e bens. As obras autorizadas deberán iniciarse nun prazo máximo de catro meses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.