Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 30 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Davila: “O bipartito de Salceda perde máis de 73.500 euros procedentes de dúas subvencións”

O Partido Popular sinala que a mala xestión dos dirixentes municipais foi o que provocou que agora haxa que renunciar a esa cantidade xa gastada e que sería subvencionada pola Xunta de Galicia

[Img #18503]“Engadido á débeda de máis de 4 millóns de euros que soportan actualmente as arcas municipais, agora atopámonos coa obriga de deixar de recibir máis de 73.500 euros correspondentes a dúas subvencións debido, coma sempre, á mala xestión do Bipartito”, informa o presidente dos populares e concelleiro Santiago Rodríguez Davila, candidato á Alcaldía.

 

Trátase, por un lado, da axuda recibida por parte da Xunta de Galicia para a segunda fase da mellora da praza de abastos. A carta remitida polo Executivo Autonómico, con data de entrada no Rexistro do Concello o 3 de marzo de 2015, expón literalmente que, “examinada a documentación xustificativa da subvención (…) na certificación de obra presentada figuran investimentos realizados que non se contemplaban no anteproxecto presentado e que serviu de base para a concesión da subvención”, de aí que se procedese a minoración da axuda concedida en 67.587,46 euros, “uns cartos que agora terán que saír das arcas municipais polo mero feito da irresponsabilidade do alcalde e dos seus concelleiros que non fixeron o traballo que lle compete de xeito correcto, pois se houbese unha revisión e seguimento diario dos proxectos este erro non se cometería e evitaríase ter gastado esta cantidade precisa para investir en moitas outras cousas e non en algo que de primeiras estaba xa subvencionado pola Xunta”, subliña Rodríguez Davila.

 

Por outro lado, “recibiuse tamén outra notificación, con data de entrada no Rexistro do Concello o 17 de marzo de 2015, na que se insta a devolver o importe non xustificado dunha subvención concedida dentro dos programas de cooperación. Neste caso trátase dunha axuda recibida tamén da Xunta de Galicia para a contratación de seis persoas desempregadas para a realización do servizo de mantemento de instalacións municipais. O caso é que, segundo se indica na carta, “rematado o prazo previsto para a xustificación da subvención e examinada a documentación obrante no expediente referenciado, constatouse que a entidade beneficiaria non xustificou a totalidade da subvención percibida”. A subvención concedida era de 72.023,56 euros e o importe que foi xustificado foi de 66.033,03 euros, con tal motivo, o importe a reintegrar polo Concello é de 5.990,53 euros”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.