Galicia
Feijóo afirma que o programa do PPdeG para as municipais “é a guía das reclamacións da xente”
Dixo que “eleva o listón das expectativas económicas, da xeración de novas oportunidades, das esixencias éticas e da participación dos veciños nos concellos
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o Programa-Marco do Partido Popular de Galicia para as eleccións municipais “é a guía das reclamacións da xente” e apuntou que “ante os únicos que temos que responder é ante os galegos”. Neste sentido, manifestou que este programa “eleva o listón das nosas expectativas económicas, da xeración de novas oportunidades, das esixencias éticas aos representantes públicos e da participación e comunicación cos veciños, porque teñen que ter fío directo cos seus representantes municipais 24 horas e 365 días ao ano”.
Feijóo iniciou a súa intervención lembrando que “desde o día de onte os veciños de Vigo e a súa área metropolitana teñen un novo hospital público, porque rematouse a construción e a empresa construtora entregou a obra a quen sempre dixemos que sería e sería o seu propietario: a administración pública, é dicir, os cidadáns”. “E desde xa, ponse en marcha o proceso de traslado para que se poida prestar un mellor servizo público aos vigueses, polo que só hai un partido que acadou trasladar esta promesa do seu programa electoral á realidade: o Partido Popular”, apuntou.
Ademais desta importante obra en Vigo, o presidente do PpdeG recordou outras actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia nas grandes cidades galegas nos últimos catro anos, como a Terceira rolda ou o túnel do Parrote en A Coruña; o novo edificio xudicial ou a ampliación do hospital público en Ourense; a restauración da Catedral ou a estrada Brión-Noia na comarca de Santiago; a construción do auditorio ou a restauración da muralla en Lugo, a autovía de Sarria e o equipamento do novo hospital público; a nova Ponte de Correntes, a variante de Marín, ou o proxecto do novo edificio xudicial en Pontevedra; o novo auditorio, o saneamento da ría, o impulso ao Porto Exterior e o proxecto para ‘Abrir Ferrol ao mar’ en Ferrol.
“Mentres outros quedaron nas palabras, outros dixemos que faríamos o que fixemos; mentres outros quedaron na mentira, outros dixemos sempre a verdade da situación económica na que estábamos e estamos; e mentres outros quedaron na comodidade da simple crítica, outros puxemos todo da nosa parte para sobrepasar as dificultades”, indicou.
ELEVAR O LISTÓN
O presidente do PPdeG recordou que “tivemos que partir desde moi abaixo: desde o subsolo da xestión económica e da nosa imaxe e credibilidade como país”, pero salientou que “fixémolo e agora podemos comprometernos a elevar o listón, porque permíteo a realidade no ámbito económico, a recuperación da confianza e os cidadáns nolo están a pedir”.
“Este programa eleva o listón das nosas expectativas económicas, para seguir reducindo o paro e logrando o crecemento da economía; eleva o listón da xeración de novas oportunidades, que queremos garantir en cada concello e pensando especialmente nos máis novos; eleva o listón da necesidade dunha maior cooperación, tanto mediante as fusións de feito como a través das fusións de dereito que os concellos acorden voluntariamente; eleva o listón das esixencias éticas aos representantes públicos; eleva o listón da participación e comunicación cos veciños; e, en definitiva, eleva o listón do que se fixo nos concellos nestes catro anos”, sinalou.
Feijóo apuntou que se trata dun Programa-Marco “para comprometernos co traballo e o esforzo, para facer, para crecer, centrado en todo o que importa aos cidadáns e para gobernar para todos”. “Non é simplemente un trámite antes das eleccións, senón unha guía de goberno, unha obriga para autoesixirnos máis e unha guía de reclamacións para a xente, porque os cidadáns nos piden máis que aos demais porque poden esperar máis de nós, porque saben que podemos facelo mellor e porque ven que están a mellorar as expectativas”, salientou.
Na súa intervención, o presidente do PPdeG anunciou o compromiso para que “os concellos non sexan un freo senón un impulso para a recuperación económica, contribúan a que os servizos sociais cheguen con maior efectividade e calidade a máis veciños, sexan un espazo de oportunidades para que mozos e mozas poidan desenvolver a súa vida, dispoñan de máis facilidades para formar unha familia, faciliten a apertura dun negocio, sexan máis transparentes e máis abertos á participación dos veciños. En definitiva, concellos para ser vividos e non sufridos, con comunicacións, transportes, impostos e gobernos axeitados”.
Feijóo tamén concretou que “o noso apoio buscarémolo na rúa e non nas sedes doutros partidos, porque o noso equipo de goberno está nas nosas listas e porque a alcaldesa ou alcalde que apoiarán os nosos concelleiros é a persoa que encabeza a nosa lista”. “Nós non respondemos polo que fagan os outros partidos; responderemos polo que faremos nós, porque ante os únicos que temos que responder é ante a xente, ante os galegos”, engadiu.
O líder do PPdeG asegurou que “ninguén discute que o PP gañará as eleccións”, nin tampouco que “o PSOE despois destas eleccións terá a metade das súas forzas”, ou que o BNG “non se sabe se se converterá en círculos ou mareas ou seguirá mareado”. Nesta liña, fixo fincapé en que os populares “non somos só un partido político, somos o partido que interpreta o que o pobo nos pide nas urnas. Somos o partido do pobo”, aseverou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22