O Porriño
O BNG presenta a súa candidatura no Porriño
“Somos a garantía dunha xestión limpa e honesta, que pon os intereses dos e das porriñeses por riba de intereses persoais e partidistas”, asegura o candidato.
O BNG-Asambleas Abertas presentou este sábado a súa candidatura para O Porriño, onde aspira a “liderar a transformación que precisa o municipio”. Unha candidatura que “aposta por devolver o concello á cidadanía logo de ser secuestrado polo clientelismo e os intereses persoais do goberno actual” aegundo aseguran nun comunicado de prensa.
O portavoz municipal, Pedro Pereira, encabeza “unha lista formada por once mulleres e nove homes, que combina experiencia e renovación. Destaca a presenza de numerosas caras mozas e independentes, de xente procedente do tecido asociativo local, froito do proceso de asembleas abertas que impulsou o BNG para as eleccións municipais do 24 de maio”.
A presentación da candidatura tivo lugar no edificio dos antigos Xulgados e contou co apoio dun centenar de veciños e veciñas. “Temos un proxecto ilusionante para O Porriño e a experiencia necesaria para levala a cabo. Somos a garantía dunha xestión limpa e honesta, que poña os intereses da veciñanza por riba de calquera outra cuestión”, asegurou Pedro Pereira.
Un programa pola igualdade de oportunidades
O programa de goberno do BNG-Asambleas Abertas ten como prioridade “construír O Porriño desde abaixo, en beneficio das maiorías sociais” fronte ás políticas do PP que “mesturan o interese privado co servizo público”.
A candidatura nacionalista aposta por “políticas de emprego de calidade, que garantan a igualdade de oportunidades, e por remunicipalizar os servizos privatizados, como mellor antídoto contra a corrupción”. Neste sentido, o BNG quere facer “da transparencia e a participación cidadá, que definiron a súa xestión no pasado, o eixo central dun programa para seguir transformando O Porriño nunha vila por e para as persoas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61