Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 02 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Esquerda Unida programa a creación dunha bolsa de aluguer social

No concello de Ponteareas existen mais 2000 vivendas desocupadas

[Img #18531]Para Lino Costas, Coordinador Local de EU,  “no actual contexto de aumento da desprotección social, cada vez máis persoas se atopan en situación de vulnerabilidade, o que fai perigar o acceso á vivenda ou que, en moitos casos, o seu custe sexa insoportable para a economía familiar”.


Sinala que “a existencia de vivendas baleiras é unha dilapidación social e territorial insostible. No Concello de Ponteareas existen mais 2000 vivendas desocupadas, segundo datos do INE. Por iso a grande importancia da realización dun rexistro do estado das vivendas (ocupadas, de segunda residencia, desocupadas ou baleiras, postas no mercado de venda ou aluguer...), facer un diagnóstico das características xerais e de poñer en práctica unha nova forma de facer política de vivenda. Esquerda Unida aposta por construír en función da necesidade da poboación e non por intereses especulativos.

 

Para paliar esta situación, Esquerda Unida leva no seu programa a creación dunha Bolsa de Aluguer Social, para aquelas persoas que se atopen en dificultades para acceder ao dereito á vivenda.

 

Dende Esquerda Unida pretenden que “as vivendas baleiras que non se acollan a esta bolsa, terán un recargo do 50% sobre a cota líquida do IBI, o máximo permitido pola Lei”.

 

Propoñen para isto “un Plan de Aluguer Municipal ao que se poderían acoller persoas ou entidades propietarias de vivendas baleiras e que, ao mesmo tempo, veríanse beneficiadas cun sistema de garantías en forma de póliza de seguros que cubrirá danos e impagos”.

 

Pola contra, aquelas vivendas baleiras que non se acollan ao Plan de Aluguer Municipal, “terían un recargo do 50% na cota líquida do Imposto de Bens Inmobles cuxos ingresos irían destinados a garantir o dereito á vivenda”.

 

Deste xeito, Esquerda Unida posiciónase claramente “a favor dos intereses da maioría social traballadora, que está a sufrir as consecuencias da actual crise económica, produto en boa parte das prácticas especulativas coa vivenda”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.