Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 03 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
A Guarda

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda

Ángel Baz amosou o seu "compromiso coa praza de abastos da Guarda”

Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda, reuniuse con praceiros e praceiras para coñecer de cerca da situación actual da praza de abastos da Guarda.

 

Dende o BNG-AA valorouse positivamente os resultados da reunión, sobretodo a alta coincidencia “na análise das problemáticas que afectan á praza de abastos da Guarda, como o tipo de clientela, horarios, infraestruturas, aparcamento, ...”

 

[Img #18533]A formación nacionalista amosou o “apoio aos praceiros e praceiras, pulando por unha praza de abastos como punto referencia tanto para a localidade como para o resto da comarca”.

 

Para o BNG-AA debe existir “un maior compromiso con esta infraestrutura municipal por parte do concello, cunha planificación e con medidas destinadas a potenciala, sen caer en investimentos puntuais que non solucionan o abandono  a que está sometida”.

 

“Estamos seguros que cun proxecto serio e ben planificado, a nosa praza será un referente para o comercio local e un importante punto de atracción turística que non podemos perder”, comentou Angel Baz, candidato do BNG á alcaldía da Guarda.

 

Asi miesmo sinalan nun comuinicado de prensa que “O BNG-AA entende, en coincidencia cos praceiros e praceiras, que a praza de abastos é moito máis que o propio edificio, que todos os comercios que están arredor da praza tamén forma parte dela, constituíndo un modelo de comercio que da vida ao centro da vila”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.