Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 08 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Rodríguez Davila asegura que o bipartito perdeu outra subvención de 51.000 euros do INEGA

Explica que “a memoria presentada polo Bipartito non xustifica o aforro segundo se establecen nas bases reguladoras e ademais está asinada polo alcalde en lugar de por un técnico. Tamén se comprobou que os puntos de luz instalados en luminarias non cumpren cos requisitos técnicos mínimos”.

[Img #18543]“As arcas municipais de Salceda de Caselas terán que soportar un novo desembolso co que non se contaba e, unha vez máis,“por culpa da mala xestión do Bipartito”, subliña o presidente dos populares e concelleiro Santiago Rodríguez Davila, candidato á Alcaldía. O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) vén de denegar ao Concello a axuda concedida para as actuacións a desenvolver no municipio dentro do programa de renovación de iluminación pública exterior co obxectivo de impulsar o aforro e a eficiencia enerxética.

 

A axuda recibida sería de 51.000 euros “pero o concello modificou as actuacións obxecto da solicitude sen solicitar o cambio tal e como se establece nas bases reguladoras, e como se indica no comunicado do INEGA <<os datos que figuran na memoria técnica non se corresponden cos datos que figuran na documentación técnica do fabricante, así o fluxo luminosos dos equipos led de MoonOff que figura nas fichas técnicas non se corresponden co fluxo luminoso da documentación técnica e tampouco se achegan os estudos lumínicos que xustifiquen os valores indicados como establecen as bases e a memoria técnica>>”, explica Rodríguez Davila.

 

Na solicitude, “o Concello de Salceda xustificou un aforro por economía de escala nos equipos de led de Setga que instalaban tamén os concellos de Mondariz Balneario, Mos e Ponteareas. Pero no momento que o Concello de Salceda instalou no lugar dos equipos previstos, os equipos doutra marca (MoonOff) este debería achegar unha nova memoria de aforro en cumprimento das bases e non o fixo, pois a memoria que presentou non xustifica o aforro segundo se establecen nas bases e ademais está asinada polo alcalde en lugar de por un técnico”.

 

Así mesmo, durante a visita ás instalacións “comprobouse que os puntos de luz instalados en luminarias non cumpren cos requisitos técnicos mínimos”.

 

Dende o Concello, o alcalde emitiu un recurso co obxectivo de recibir os 51.000 euros destinados a esta actuación pero, “tendo en conta todo o exposto no expediente emitido polo INEGA no que se comproba que non se cumpriron as bases reguladoras da subvención, pasándose todo por alto e facendo do xeito que quixeron o alcalde e a empresa ‘amiga’ encargada de executar o traballo, é de entender que desestime o recurso, o que supón unha nova perda de cartos causada pola reiterada irresponsabilidade e mala xestión do Bipartito non adscritos-Psoe”, conclúe Rodríguez Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.