Galicia
UGT e CCOO fan un chamamento á cidadanía galega a participar nas mobilizacións do Primeiro de Maio porque “Así non saímos da crise”
Ambos sindicatos convocan manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Viveiro, Lugo, Ourense, Arousa, Pontevedra e Vigo
Nas manifestacións denunciaranse as altas taxas de desemprego que se rexistran; que o emprego que se crea é de baixa calidade; os salarios están a perder poder adquisitivo; crecen a pobreza e a desigualdade; e vulnéranse as liberdades e o dereito de folga.
Neste contexto, CCOO e UGT insisten en que as persoas son o primeiro, en que hai que rematar coas políticas de recortes, avogan polo cambio de políticas para saír da crise do xeito máis xusto e sostible e esixen actuacións urxentes para reforzar a negociación colectiva, crear emprego de calidade, mellorar os salarios, estender a protección social e recuperar e fortalecer a democracia.
Este Primeiro de Maio celebrarase coa certeza de que as políticas aplicadas desde 2010 alimentaron en Galicia, en España e en toda Europa unha recesión de devastadores efectos sobre o emprego, a cohesión social e a calidade de vida da cidadanía.
Mañá as manifestacións terán unha peculiaridade con respecto a edicións precedentes, sairán inicialmente sen pancarta, cos manifestantes enganchados dos brazos e unha “mordaza” na boca. Só se despregarán as pancartas cando leven uns metros percorridos. Isto farase como símbolo de solidariedade cos compañeiros de Teruel, a única provincia onde se prohibiu o lema da manifestación por interferir, “supostamente”, na campaña electoral, aínda que o Tribunal Superior de Xustiza de Aragón xa lle deu a razón aos sindicatos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213