Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 03 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

A Xunta desbloquea de forma definitiva a primeira fase da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves

Feijóo indica que esta primeira parte estará dotada con case 14 millóns de euros e precisou que a participación da Xunta será do 18%, a Autoridade Portuaria de Vigo investirá un 60% e a Zona Franca de Vigo, un 21%

Unha semana despois de adoptar a decisión de reducir o prezo do solo de todos os parques empresariais da Xunta, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou  que o Consello da Xunta desbloquea de forma definitiva a primeira fase da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, dotada con preto de 14 millóns de euros. Deste xeito, a PLISAN poderá ser unha realidade o máis pronto posible, con todas as garantías de comunicación e xurídicas. Como especificou, a licitación publicarase no Diario Oficial da Unión Europea e, no vindeiro mes de maio, no Diario Oficial de Galicia.

 

Máis polo miúdo, Feijóo precisou que a participación da Xunta neste proxecto será do 18%, a Autoridade Portuaria de Vigo investirá un 60% e a Zona Franca de Vigo, nun 21%. Así, tras superar os problemas xurídicos, “volvemos a facer o condominio, volvemos a pactar entre estas tres institucións que dependen de dúas administracións públicas: o Goberno de España e a Xunta de Galicia”, aseverou o mandatario galego.

 

Como explicou Feijóo, a primeira fase do proxecto, que á que se desbloquea agora, comprende parte do viario definido no proxecto sectorial como sistemas xerais, incluíndo o alumeado e as conducións necesarias para abastecemento, saneamento, gas, telecomunicacións, etc., para dar servizo ás parcelas das distintas áreas incluídas dentro da plataforma loxístico-industrial. A segunda fase, que se licitará antes de que finalice setembro, corresponderase coas obras de construción da estación depuradora de augas residuais e a da estación de tratamento de auga potable.

 

“Por tanto, damos unha mostra do que queremos facer en materia de solo”, indicou Feijóo, engadindo que “sabemos e somos conscientes da sensibilidade especial que neste momento existe pola competencia entre Portugal e Galicia e por iso desbloqueamos un aspecto fundamental dunha reserva de solo importantísima na zona máis perimetral con Portugal”. Como especificou, “cumprimos a sentenza do Tribunal Supremo e, en consecuencia, fixemos a modificación preceptiva que levou meses desde o punto de vista xurídico e agora comezamos a facer realidade a PLISAN”.

 

Así mesmo, o titular do Goberno galego fixo fincapé en que o obxectivo da Zona Franca, do Porto de Vigo e da Xunta “é que os primeiros 100.000 metros cadrados teñan un custe de 50 euros por metro cadrado”, reducindo en máis da metade o prezo do que custan en polígonos semellantes. “E, en consecuencia, imos seguir traballando e imos seguir poñendo a disposición da recuperación económica solo industrial en lugares axeitados, comunicados coas vías de alta capacidade e en zonas sensibles pola competencia que existe co país veciño”, destacou Feijóo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.