Mos
IV Campionato de Natación Escolar na Piscina Municipal de Mos
Celebrarase o 9 de maio e o prazo de inscrición remata o 5 de maio
O vindeiro 9 de maio, sábado, ás 17.00 horas celebrarase na Piscina Municipal de Mos o IV Campionato de Natación Escolar Val da Louriña organizado polo Club Natación Mos e o Concello de Mos.
Nesta competición haberá catro categorías: a primeira para nenos e nenas de 6 e 7 anos nacidos en 2008 e 2009 que consta dunha proba de 25 metros crol, a segunda para os nacidos en 2006 e 2007 de 8 e 9 anos que realizarán tamén unha proba de 25 metros crol, a terceira para os nacidos en 2004 e 2005 de 10 e 11 anos de idade con probra de 50 metros crol; e a cuarta e última categoría integrada polos nenos e nenas nacidos en 2002 e 2003 de 12 e 13 anos que realizarán tamén a proba de 50 metros crol.
O Campionato está programado para nadadores non federados e non inscritos en clubs de natación. O prazo máximo de inscrición cumprirá no martes 5 de maio de 2015.
O día 9 de maio a apertura da piscina realizarase ás 16:15 horas, a competición terá inicio ás 17:00 horas e a lista de tempos será exposta no taboleiro da piscina.
Os premios da competición consistirán en medallas para os tres primeiros clasificados por categoría e xénero, e diplomas e agasallos para todos os participantes.
Todos os rapaces que desexen participar deberán entregar a folla de inscrición na Piscina Municipal de Mos no seguinte horario: luns, mércores e venres de 8:00-14:30 horas e de 16:00-22:00 horas. Martes e xoves de 8:00-22:00 horas. Sábado de 10:00-12:45 horas e de 17:00-20:00 horas.
Todos os participantes deberán dispor de óculos, gorro, bañador e calzado de piscina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103