Miércoles, 22 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 24 de Abril de 2015 Tiempo de lectura:
Provincia

As obras en tres estradas da provincia de Pontevedra mellorarán o seu firme cun investimento de 400.000 euros

Actuarase en varios treitos das estradas PO-325, PO-340 e PO-552, da zona sur da provincia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ten aberto o proceso de licitación das obras de reparación do firme en tres estradas da rede viaria autonómica do sur da provincia de Pontevedra que suporán o investimento  próximo aos 400.000 euros (399.215,63).

 

Con esta actuación o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria nas estradas Tui – A Ramallosa (PO-340), ao seu paso polo Concello de Nigrán, e Vigo – Tui (PO-552). Ademais, repararase o firme en dúas glorietas da estrada PO-325 de Vigo á A Ramallosa.

 

As obras, cuxo prazo de presentación de ofertas por parte das construtoras remata o 18 de maio, consistirán na rehabilitación do firme existente en treitos localizados, por medio da substitución da capa de rodadura, previo fresado do firme actual. Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e melloras na sinalización vertical e balizamento, e a execución de gabias de seguridade en zonas puntuais.

 

As actuacións desenvolveranse nos seguintes tramos:

[Img #18588]

 

Na estrada PO-325 realizarase a rehabilitación do firme en dúas glorietas situadas nos puntos quilométricos 0+250 e 1+600, no Concello de Vigo.

 

[Img #18587]Os traballos a realizar na PO-340 desenvolveranse no treito comprendido entre A Texosa (PK 19+000) e a glorieta da Ramallosa (PK 21+500), no Concello de Nigrán. Compre salientar que no treito restante da estrada se realizaron nos últimos anos obras de mellora nas que se investiron máis de 1,2 millóns de euros.

 

Por último, na estrada PO-552 os traballos desenvolveranse en dous treitos diferenciados: dende a saída de Vigo (PK 0+000) ata a travesía de Nigrán (PK 9+000), nos Concellos de Vigo e Nigrán, e dente a travesía de Oia (PK 36+000) ata Figueiró (PK 59+000,  no Concello de Tomiño), unha vez pasada a ponte internacional de Goián. Nos últimos 10 quilómetros deste treito a estrada discorre en paralelo ao corredor Goián – A Guarda posto en servizo pola Xunta no pasado verán, polo que esta conta cun vial alternativo neste tramo.

 

As obras, unha vez iniciadas, terán un prazo de execución de 3 meses e proporcionarán unha rede mais cómoda e segura en beneficio dos mais de 375.000 habitantes dos concellos de Vigo, Nigrán, Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño.

 

Conservación de estradas

Estas obras  forman parte da planificación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en materia de conservación de estradas con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, ás que se destinará un investimento superior aos 24 millóns de euros neste ano, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias coma as actualmente en fase de licitación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.