Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 05 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda promete reducir nun 25% os salarios de alcalde e concelleiros

Os populares presentaron o domingo a súa candidatura ás eleccións do 24 de maio nun acto que reuniu a unhas 400 persoas no auditorio municipal

[Img #18591]Unha lista renovada ao 50% na que se combina “a experiencia dos máis veteranos coa xuventude dos máis mozos, a traxectoria das persoas que xa participaron da vida municipal coa incorporación de novas caras, un equipo unido, con moitas gañas de traballar e comprometidos co noso pobo e cos nosos veciños”, subliñaba o presidente local e concelleiro Santiago Rodríguez Davila no acto de presentación da candidatura celebrado na tarde de onte. Entre outras moitas promesas incluídas no seu programa electoral, Rodríguez Davila destacou a rebaixa en máis dun 25% dos salarios no caso de que o PP goberne en Salceda, “foron 1,7 millóns de euros gastados nos últimos 8 anos en 4 dedicacións exclusivas, 1 parcial, 2 postos de confianza e 2 persoas que cobran por asistencias presuntamente ‘ilegal’”, subliñou.

 

Outra das promesas presentadas onte foi unha medida que repercute dobremente, un beneficio fiscal e en materia de emprego: a redución do 100% da taxa de ocupación da vía pública por terrazas a aquelas empresas que contraten durante un ano a persoas desempregadas de Salceda.

 

Os populares estiveron arroupados por unhas 400 persoas que abarrotaron o auditorio municipal e recibiron tamén o apoio de integrantes do partido a nivel rexional e nacional. Así, ao acto acudiron o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; Gonzalo Ordóñez, deputado no Congreso; Alberto Pazos, director xeral de Administración Local; Nava Castro, directora de Turismo; María José Bravo Bosch, delegada da Xunta en Vigo; alcaldes das localidades de Mos, O Porriño, As Neves e Crecente e os candidatos do PP en Tui e Tomiño, entre outras personalidades.

 

[Img #18590]Precisamente o evento estivo presentado por dous dos integrantes na lista, dúas novas incorporacións: Miriam González e Martín Acuña. Nel interviñeron Félix Méndez, presidente de Novas Xeracións de Salceda e Cristina Pérez, outra das novas incorporacións da lista e estudante de Ciencias Políticas, ademais do propio candidato á alcaldía Santiago Rodríguez Davila.

 

Alberto Pazos, María José Bravo Bosch e Francisco Conde apoiaron á candidatura do PP salcedense subliñando todos eles “a honradez e o intenso traballo de Santi e o seu equipo, que nos últimos anos fixeron unha oposición seria e sensata velando sempre polos intereses de Salceda e dos seus veciños, chamando ás portas das diferentes administracións para pedir melloras para o seu pobo”.

 

Trala intervención do candidato á alcaldía, el mesmo presentou un a un aos integrantes da lista, 10 mulleres e 13 homes, que se foron subindo ao escenario, facendo especial fincapé nos oito primeiros, pois 8 concelleiros é o reto que se propoñen. Co número 2 repite o agora concelleiro Joaquín Núñez, de Soutelo; os números 3 e 4 son para dúas novas caras: Miriam González e Primitivo González, Miriam é diplomada e graduada en Traballo Social, traballadora social nun complexo de atención residencia e atención diurna para persoas maiores e con discapacidade, membro do grupo de teatro Xunco de Parderrubias e do grupo de teatro de Castro Barreiro; Primitivo é enxeñeiro de Minas, traballou no sector do granito con distintas responsabilidades en construción de grandes obras como as catro grandes torres en Madrid; no número 5 repite Ángela Valcárcel e nos tres seguinte volve a haber renovación: no 6 Manuel Besada, xubilado foi membro da Comunidade de Montes de San Xurxo e presidente do Caselas FC; no 7 Yolanda Carracedo, con 26 anos, licenciada en Administración e Dirección de Empresas, traballa como instrutora nun centro de formación e no posto 8 vai Martín Acuña, técnico deportivo, asistente técnico sanitario nunha empresa de automoción, monitor de tempo libre e adestrador de fútbol sala, balonmán, baloncesto e bádminton.

 

A continuación indícase todos os integrantes da lista:

 

1. SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA

2. JOAQUÍN NUÑEZ TRONCOSO

3. MIRIAM GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

4. PRIMITIVO GÓNZALEZ SOUTO

5. ÁNGELA VALCÁRCEL BERNÁRDEZ

6. MANUEL BESADA LEMOS

7. YOLANDA CARRACEDO PÉREZ

8. MARTÍN ACUÑA VAQUEIRO

9. MANUEL ÁNGEL MARTÍN RODRÍGUEZ

10. BELÉN DOMÍNGUEZ COSTAS

11. CARLOS HENRIQUE NUÑEZ LORENZO

12. EMMA PEREIRA IGLESIAS

13. VANESSA ROCHA NUÑEZ

14. JOSÉ FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

15. PLÁCIDO RODRÍGUEZ BARGIELA

16. MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

17. ANA CRISTINA PÉREZ CABALEIRO

18. DIANA PÉREZ CASTRO

19. FELIX MÉNDEZ GONZÁLEZ

20. MARCOS RODRÍGUEZ NOGUEIRAS

21. NATIVIDAD GONZÁLEZ GONZÁLEZ

22. JOSÉ SANJUAN RODRÍGUEZ

23. SALTINA CASTIÑEIRAS GONZALEZ

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas iniciará a media noite do xoves a campaña coa tradicional pegada de carteis para continuar a partir xa do venres coa rolda de mitins por todas as parroquias presentando as promesas e propostas do seu “programa e proxecto de futuro para Salceda e os salcedenses”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.