Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 08 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Abre o prazo de inscrición na actividade para maiores “Visita o teu súper”

A iniciativa pretende concienciar da importancia dunha alimentación sá para un envellecemento activo

[Img #18607]Xa está aberto  o prazo de inscrición na actividade para maiores “Visita o teu súper” que se levará a cabo o 29 de maio en horario de 12.00 horas a 13.30 horas no supermercado Eroski da Avenida de Sanguiñeda.

 

Os destinatarios/as desta iniciativa son todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. O número de participantes na actividade será 10 persoas como mínimo e como máximo 40.

 

Esta visita foi organizada dada a importancia dunha alimentación a todas as idades, pero especialmente entre os maiores, posto que a nutrición está implicada no proceso de envellecemento. Os factores dietéticos inflúen na aparición de enfermidades, no estado de ánimo, na actitude diaria, no dinamismo, e o descanso.

 

Desde a concellería de Educación e Participación Cidadá, e "dando continuidade ó Programa Pro Hábitos Saudables", viron "necesario por en marcha esta sesión para falar sobre os hábitos alimenticios máis adecuados na etapa da vellez". Esta actuación ten a intención de ofrecer "consellos ás persoas da terceira idade que lles permitirán gozar dunha boa saúde. Así pois, ir a compra ou cociñar son hábitos que reportan beneficios propios dunha dieta saudable e que servirá para exercitar a mente".

 

Esta actividade está dividida en dúas fases. A primeira, consiste nunha charla breve de 30 minutos onde se informará aos participantes dos servizos que ofrece a cadea de supermercados Eroski. Ademais, repasaranse conceptos básicos sobre alimentación e hábitos saudables, e presentarase a liña de produtos Sania. A segunda, tratarase de facer un percorrido polo supermercado, pasando polas principais seccións. Todos os participantes recibirán como mostra de agradecemento un lote de produtos de marca Sania.

 

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben  descargándoa da web do Concello: www.concellomos.es .

 

O prazo de inscrición rematará o 25 de maio, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos. A lista de admisión será publicada o 26 de maio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.