Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 09 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O BNG tilda de incompetente ao PP e Solla para sacar adiante o Plan Urbanístico

O Bloque dará a coñecer ás propostas técnicas do Plan, antes da aprobación provisional, aos colectivos que presentaron alegacións

Xosé Represas, portavoz e candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas manifestou esta semana que unha das primeiras medidas que tomará, con respecto ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, será dar a coñecer ás propostas técnicas de modificación do Plan aos colectivos que presentaron alegacións, antes da aprobación provisional, dando así cumprimento ao acordo do Pleno neste sentido.

 

O candidato do Bloque considera que “se debe respectar aos 3.000 veciños e veciñas que presentaron alegacións e tratar o urbanísmo coa máxima transparencia como paso previo a lograr o consenso social e político arredor do Plan. Condición necesaria para sacar adiante a planificación que condicionará o desenvolvemento futuro de Ponteareas”.

 

Represas considera que “o documento que finalmente se aprobe terá cambios moi importantes con respecto ao exposto ao público no verán de 2013. Cambios para mellorar o PXOM e necesarios para incorporar ás alegacións de interese xeral presentadas polos colectivos veciñais e o propio BNG”.

 

Os nacionalistas consideran “razonables ás demandas do Centro Artístico Sportivo e pensan que é posible acadar un acordo que beneficie a todo o núcleo urbano de Ponteareas e tamén á sociedade para desenvolver os seus fins sociais, deportivos e culturais”.

 

O BNG tilda de incompetente ao PP e Solla, pola súa incapacidade para sacar adiante o Plan Urbanístico, “en doce anos, Solla, non resolveu nin un só dos problemas importantes de Ponteareas, só irresponsabilidade e falsas promesas, e o PXOM é un bo exemplo diso“ afirmaron os nacionalistas engadíndo “Solla neste tempo non fixo nada e agora só fai campaña electoral”

 

Por outra parte, Represas convida a Solla a un debate público no auditorio sobre a situación actual de tramitación do PXOM.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.