Provincia
Detectada unha mancha de Mildiu nun viñedo do Condado
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirten que, ante as a condicións climatolóxicas destes últimos dúas e o momento da campaña no que se atopa a vide, hai un elevado risco de infección de mildiu debido ás abundantes chuvias rexistradas.
Tal e como se advertía no último aviso dado o 30 de abril ante as previsións meteorolóxicas que se anunciaban, as tarefas de vixilancia realizas na última semana veñen de detectar a aparición da primeira mancha de aceite (aínda en fase de inicio) nunha parcela de albariño da comarca de O Condado.
Malia a todo, dende a Estación Estación Fitopatolóxica do Areeiro confirman que polo de agora é a única mancha detectada tralas análises feitas na propia parcela do centro.
Os responsables da Estación pontevedresa recomendan “a aplicación de tratamentos especialmente naqueles viñedos que aínda non recibiran ningunha intervención”. Os técnicos lembran que os funxicidas sistémicos ou penetrantes son os máis recomendados neste intre. Este tipo de tratamentos non sofren lavado ata unha hora despois da súa aplicación e a caída de posibles precipitacións, o que permite aproveitar os claros no ceo para bota-los. Tamén aconsellan engadir “un mollante para facilitar a adherencia do tratamento á vexetación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22