Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 06 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Deportes

Ponteareas acolle o Campionato de España de Bádminton

[Img #18630]O campionato de España de Bádminton, en categoría absoluta e sub-11, celebrarase esta fin de semana nos dous pavillóns do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas. O torneo dará comezo o venres 8 e de maio e rematará o domingo 10 de maio. A presentación da competición tivo lugar esta mañá na Casa do Concello ponteareán, que colabora neste evento organizado polo Clube Bádminton As Neves.

 

Os encontros comezarán o venres 8 a partir das 16:00 horas e a hora estimada de finalización para esta primeira xornada son ás 20:30 horas. O sábado a actividade empezará ás 10:00 horas e durará todo o día. O domingo se xogarán as finais a partir das 10:00 horas e a entrega de medallas terá lugar a última hora da mañá.

 

Ana Durán, responsable organizadora do torneo, agradeceu “a colaboración dos Concellos de Ponteareas e As neves e tamén da Federación Española de Bádminton”, ao mesmo tempo que aproveitou para recordar “que haberá máis de 180 deportistas representando a 40 clubes diferentes”.

 

O vicepresidente da Federación Española de Bádminton e presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo, salientou a “excelente saúde do bádminton galego e pontevedrés, sendo esta a única provincia que conta con dous equipos en categoría nacional”. Tamén quixo ofrecer desculpas “pola ausencia dalgunhas das mellores do panorama nacional, como Carolina Marín, pero estes teñen que xogar o Campionato do Mundo esta mesma fin de semana”. En compensación, Sanjurjo asegurou que “tentarán garantir a presenza destes deportistas nun futuro próximo en Ponteareas, ben noutro torneo ou ben a través dalgunha exhibición”.

 

O alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, salientou “o sacrificio e o traballo dos directivos do Club Bádminton As Neves” e animou a conseguir “dar unha imaxe de pobos acolledores e que apoioan o deporte, tanto a nivel absoluto como de base”.

 

Pechou o acto o alcalde ponteareán, Salvador González, quen sinalou  que “é un orgullo acoller este dobre campionato de España, garantindo unha boa recepción por parte dos veciños do municipio a todos os deportistas e aos afeccionados que se acheguen esta fin de semana a Ponteareas” e “agradecendo tamén o traballo do Club Bádminton As Neves, da Federación e do Concello de As Neves”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.