Mos
A Garda Civil investiga a queima intencionada de 20 contenedores en Mos
A concelleira de Medio Ambiente pide ós responsables que pensen no ben de Mos e abandonen estas prácticas
A concelleira de Medio Ambiente e Urbanismo mosense, Julia Loureiro, dununciou esta mañá na Garda Civil un acto vandálico contra o mobiliario urbán acontecido a pasada madrugada do mércores 6 de maio a hoxe 7 de maio.
A edil informou de que en San Antoíño, parroquia de Louredo, prantouse lume a toda a zona de recollida de lixo, resultando queimados 8 contedores verdes de residuos orgánicos, 4 amarelos de envases de plástico, 1 azul de papel, 1 de vidro e 1 de aceite, co que quedaron inservibles un total de 15 contedores na zona.
Loureiro explicou que, aínda que foron alertados o Servizo Municipal de Emerxencias e os Bombeiros, non se puido salvar ningunha das pezas do mobiliario urbán mencionadas, ó terlles prendido lume unha a unha; segundo asegura o propio coordinador do Servizo de Emerxencias do Concello de Mos, Rodrigo Iglesias, quen tamén informou de que durante o traxecto ata o lugar do suceso, atopáronse varios obstáculos distribuídos pola estrada para dificultar ou impedir o paso do operativo, o que ven a demostrar que o incendio foi intencionado.
Julia Loureiro apuntou ademais que xa a semana pasada se produciron dous actos vandálicos máis deste estilo consistentes no destrozo dunha xaula de reciclaxe de aceite recén instalada na zona da Capela de San Amaro en Petelos e no incendio tamén doutros dous contedores na parroquia de Sanguiñeda.
A concelleira advirte ós responsables destes incidentes de que a Garda Civil de Mos xa abriu a correspondente investigación para localizalos e lamenta “que se cheguen a realizar este tipo de actos vandálicos que demostran ignorancia, xa que o único que se consegue con eles é perxudicar a tódolos veciños e veciñas de Mos e cargar de gastos ás arcas municipais”. “É un acto patético e vergoñento co que só se logra mermar a calidade de vida dos mosenses e gravar ó Concello que, ó fin e ó cabo, somos todos”, sentenciou a edil.
Loureiro rematou aproveitando para pedir tamén a colaboración cidadá respecto do servizo de recollida de lixo para que sexa utilizado como é debido, depositando en cada contedor os desperdicios que lle corresponden e non deixando basura fóra dos mesmos. O feito de que haxa veciños que depositan desfeitos indebidos nos contedores supón un importante gasto a maiores para as arcas municipais posto que, precisamente por este motivo, a administración local tivo que poñer en marcha unha brigada de tres operarios dotados dun camión para recoller diariamente enseres mal depositados nos contedores. É por iso que dende o Concello rógase a sensibilidade e solidariedade dos habitantes do municipio para que se conciencien da necesidade de facer un uso correcto dos servizos de recollida de lixo e Punto Limpo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56