Provincia
Unha persoa foi trasladada por queimaduras ao incendiarse a cociña da súa vivenda en Redondela
Un incendio orixinado na cociña dunha vivenda provocou queimaduras nunha man a un dos seus habitantes, polo que tivo que ser trasladado polo servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Xeral de Vigo. Os Bombeiros da cidade, alertados polo 112 Galicia tras recibir a chamada dun particular, encargáronse da extinción do incendio que, segundo indicaron, comezara nunha pota que estaba ao lume. Ademais, ardeu por completo a campá extractora e o fume afectou considerablemente a toda a vivenda. O persoal do CAE 112 Galicia informou, tamén, aos Bombeiros do Porriño, á Policía Local, a Protección Civil de Redondela e a Urxencias Médicas. O suceso tivo lugar na Avenida de Vigo, na parroquia de Chapela, Redondela, minutos antes das 14:45 horas de hoxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213