Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 09 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda acusa ao bipartito de “facer propaganda co asfaltado de estradas”

Aseguran que “a inoperatividade dos últimos catro anos convértese agora en présas e caciquismo, que producirán unha importante perturbación nas arcas municipais”

[Img #18654]O Partido Popular de Salceda de Caselas reafírmase no dito fai uns meses cando cuestionou “a existencia do plan de inversión anunciado polo goberno bipartito, dado que parte do importe indicado de case 230.000 euros correspóndense con obras xa executadas e, sobre todo e máis grave, a redución de partidas de gasto corrente para poder levar adiante este plan que non é máis que unha ferramenta de propaganda para facer campaña de cara aos vindeiros comicios do mes de maio”, asegura o presidente, concelleiro e candidato do PP á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila.

 

Os populares aseguran que “calquera veciño pode comprobar como estes días están apurando, realizando pequenos asfaltados en diversas estradas e viarios nas parroquias. Nos últimos catro anos estiveron inoperativos e agora a unhas semanas das eleccións municipais dedícanse a facer que fan gastando cartos que non teñen, poñendo en práctica o caciquismo, algo que o señor alcalde tanto criticaba cando estaba na oposición e agora, precisamente, é ao que se dedica”, subliña Rodríguez Davila.

 

“Toda esta farsa, lembran dende o PP, súmase á negativa de presentar un orzamento de 2015 e levalo a pleno para a súa aprobación, traballando actualmente co prorrogado de 2014 e creando incluso novas partidas de gastos para as cales non hai previsión de ingresos coas que facer fronte, levando gastado, no que vai de ano, máis dun millón de euros, o que fai que estean a provocar unha situación insostible economicamente, xerando unha débeda de máis de 4 millóns de euros, á cal terá que asumir o novo equipo de goberno que entre tralas eleccións do 24 de maio, o cal se atopará as arcas valeiras véndose obrigado a facer grandes modificacións de crédito”.

 

Os populares din que, “venden obras que xa están executadas e fan outras a conta de reducir gastos de servizos básicos e ineludibles do municipio, e todo xusto agora, a uns meses da cita coas urnas, mentres que o resto da lexislatura estiveron de brazos cruzados inflando os orzamentos, creándose déficits nos ingresos e, consecuentemente, non podendo afrontar os diferentes gastos arrastrándoos ata o día de hoxe”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.