Galicia
Conde destaca os valores éticos dos “millennials” como clave para que se convertesen na xeración máis emprendedora
O conselleiro de Economía e Industria participa na presentación do libro “Millennials. Inventa tu empleo”, de Iñaki Ortega, que califica como “o que, o quen, o como, o onde e o por que do emprendemento da primeira década do século XXI en España”
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou onte os valores éticos dos Millennials como clave para que se convertesen nunha “xeración máis emprendedora” que as súas antecesoras. Conde apoiou esa impresión nos recentes estudos do Babson College e o Pew Research Center, e nos datos ofrecidos pola obra Millennials.Inventa tu empleo, que o conselleiro presentou onte xunto co autor, o profesor de Deusto e emprendedor Iñaki Ortega. Conde sinalou neste senso que a xeración dos Millennial se caracteriza por un “cambio de valores”, que protagonizan a ética por enriba do diñeiro, a economía colaborativa, a creatividade, o desexo dunha maior participación, e a busca de cambiar do mundo a través de proxectos propios.
Conde resaltou a conexión de Iñaki Ortega cos Millennials non só polo seu traballo en Madrid Emprende, o contacto cos seus alumnos de Deusto, o seu propio papel como emprendedor, ou o seu rol como fundador da ONG proxecto FAGO, senón “pola súa condición de referente ético, simbolizada no seu papel no PP vasco en momentos tan difíciles como o asasinato de Miguel Ángel Blanco”. O conselleiro referiuse á obra de Ortega como “o que, o quen, o como, o onde e o por que do emprendemento da primeira década do século XXI en España”, e subliñou que “desmitifica a España dos ninis, a lenda dunha xeración indolente e egoísta que é, precisamente, todo o contrario”: unha xeración que, dixo Conde, “enfrontada a unha situación moi complexa, saíu adiante creando solucións novas para problemas vellos, traballos que antes non existían, e empresas que buscan co-crear, sumar talentos para xerar algo novo e axudar así á sociedade”.
A través dun profundo traballo de campo, destacou Conde, a obra non se limita só a reflectir estudos académicos sobre este fenómeno, senón que vai máis alá poñendo cara tanto á nova xeración de emprendedores coma de mentores, a través de casos prácticos; incidindo no perfil dos novos empregos; debullando propostas para afianzar ese cambio como as finanzas inclusivas ou a innovación aberta.
Ante o cambio, defendeu o conselleiro, o papel das institucións “é claro: desfacerse das vellas barreiras, garantir unhas institucións inclusivas, e crear un sistema de incentivos axeitado” para fomentar a educación, o aforro, o investimento, a innovación, a adopción de novas tecnoloxías ou o emprendemento.
“É ese rol o que asumiu Galicia en apoio do emprendemento”, dixo o conselleiro, que resaltou que a comunidade “está a consolidarse como unha facilitadora de solucións para os emprendedores” a través de diferentes medidas: eliminando as licenzas municipais de obra e actividade e substituíndoas por unha declaración responsable; creando a Unidade Galicia Emprende para asesorar no posible a aqueles que crean un novo negocio; impulsando o financiamento a través de ferramentas de todo tipo, desde préstamos a capital risco; abrindo canles ao a investimento privado a través da Rede de Business Angels; e impulsando a innovación aberta a través de programas como Innterconecta ou Conecta Pemes.
“E Galicia consolidou ese traballo a través de aceleradoras de innovación para pemes” traballando con socios de referencia. Con ese esforzo, “xuntamos a capacidade emprendedora e innovadora dos nosos mellores talentos, abrindo portas á xeración Millennial para a posta en marcha dos seus sonos”, salientou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22