Galicia
A Xunta dá luz verde á nova carteira de servizos de inclusión social
Tamén se creará o servizo de formación adaptada, que está concibido como unha acción positiva destinada a compensar con procesos de formación as desvantaxes asociadas a factores de vulnerabilidade
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Consello da Xunta vén de dar luz verde á nova carteira de servizos de inclusión social que contará con máis prestacións e garantirá a atención urxente.
Ademais de incorporar novos servizos, Feijóo explicou que esta iniciativa busca sistematizar o conxunto de servizos e de prestacións que existen actualmente para atender ás persoas e familias en situación de vulnerabilidade, pobreza ou exclusión social; “converténdose nunha ferramenta pioneira a nivel estatal porque temos unha carteira se servizos concreta, con prestacións concretas para todos os servizos sociais da comunidade”.
O titular da Xunta fixo fincapé en que o obxectivo é superar a perspectiva dun modelo de atención reducido a un sumatorio de programas e equipamentos, para adoptar unha metodoloxía que teña no centro de todos ás persoas e os factores que provocan as súas situacións de vulnerabilidade.
Entre os novos servizos, Feijóo destacou o servizo de acollida básica, que ofrece un recurso residencial de media-longa estancia a persoas en situación de grave deterioro persoal e social, que non estean vinculados a un proxecto de inclusión sociolaboral, e que non dispoñan efectivamente dun fogar; e o recurso de atención urxente que garantirá unha resposta inmediata a unha situación de emerxencia social que se produza fóra do horario de funcionamento dos servizos tradicionais.
Así mesmo, afirmou que tamén se creará o servizo de formación adaptada, que está concibido como unha acción positiva destinada a compensar con procesos de formación as desvantaxes asociadas a factores de vulnerabilidade.
O responsable autonómico subliñou que a nova carteira inclúe tamén novos recursos complexos, é dicir, a través da combinación doutras prestacións xa existentes, co fin de proporcionar unha atención integral ás necesidades das persoas. “Trátase de iniciativas como por exemplo o servizo integral de inclusión sociolaboral, que vincula a atención residencial ao desenvolvemento de proxectos de inclusión laboral; ou o servizo de apoio á inclusión en procesos terapéuticos”, precisou.
Cómpre salientar que, ademais destas novidades, incorporaranse outras como as melloras cualitativas en servizos xa existentes ao incluír como obrigatorias prestacións como a consigna no servizo de atención nocturna, ou a entrega de material de hixiene na prestación da ducha.
“En definitiva, trátase dunha mellora que repercutirá na sociedade en xeral, pero moi especialmente no colectivo en risco de exclusión social ou vulnerabilidade; e tamén nas entidades que traballan con este colectivo, ao contar agora cun marco de referencia, cuns estándares mínimos de calidade, e con novos servizos innovadores para dar resposta ás carencias detectadas”, aseverou o presidente do Executivo autonómico.
Feijóo concluíu lembrando que esta carteira forma parte do proceso de implantación do ‘modelo de carteiras’ na prestación dos servizos sociais, que a Xunta está a impulsar. Non en van, dentro deste cambio de paradigma xa se ten publicado a carteira de servizos de atención á dependencia, que entrou en vigor en novembro de 2013; xa comezou o informe da carteira de servizos á familia; e estase a traballar na carteira de servizos para persoas con autonomía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213