Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 12 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Rueda destaca en Sanguiñeda “a persistencia de Nidia Arévalo cando se trata de defender a Mos”

[Img #18683]O PP de Mos encabezado pola súa candidata á Alcaldía e actual alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, iniciou o pasado venres 8 de maio a súa ronda de visitas ás 10 parroquias mosenses para presentar o seu proxecto electoral.

 

Os populares mosenses estiveron acompañados e apoiados este domingo pola tarde na parroquia de Sanguiñeda, onde se reuniron na Asociación Cultural Ledicia, polo Secretario Xeral do PPdeG e Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela.

 

Rueda destacou, durante a súa intervención, a importancia do papel xogado por Nidia Arévalo na xestión e resolución de asuntos de vital importancia para Mos como son a revogación do trazado da nova autovía Vigo-Porriño e a implantación e posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano a pesar dos impedimentos postos polo Concello de Vigo e o seu alcalde, Abel Caballero.

 

Alfonso Rueda falou tamén da alcaldesa e a súa defensa de Mos por riba de todo. “Cando se pon a funda de traballo e ven á Xunta non cesa ata conseguir as axudas necesarias para este Concello, cunha actitude persistente e férrea que é o pesadelo de conselleiros e secretarios xerais cando nos visita”, comentou con humor o Vicepresidente autonómico.

 

Outro punto de gran relevancia abordado no encontro celebrado onte en Sanguiñeda foi o Plan Xeral de Ordenación Municipal. A candidata pola parroquia de Guizán e actual concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, e expuxo todos os detalles sobre a implantación do PXOM que será aprobado definitivamente nun prazo dun mes.

 

A candidatura do PP mosense logrou onte en Sanguiñeda un cheo a rebosar que esperan manter nas súas visitas diarias ás parroquias que, ata o día 22 de maio, sumarán un total de 14.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.