Galicia
A Xunta aposta pola conciliación para rachar os estereotipos entre homes e mulleres
Rueda avogou por compaxinar actuacións de sensibilización cunha política de impacto inmediato para promover a conciliación da vida familiar, laboral e persoal
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe o ‘Seminario de Conciliación e Corresponsabilidade APE Galicia’, no que apostou por xeneralizar as políticas de conciliación para rachar cos estereotipos de xénero e corrixir o desequilibrio social existente entre homes e mulleres. Rueda estivo acompañado do presidente da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, APE Galicia, José Ramón Caldas, e da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.
O vicepresidente explicou que o fomento da conciliación é un dos piares da política de Igualdade da Xunta de Galicia pero defendeu a necesidade de que este tipo de políticas se estendan aos eidos laboral, familiar e empresarial para poder acabar así coa importante desigualdade que existe no que se refire á atención ás tarefas do fogar e conseguir a plena incorporación da muller ao mercado laboral.
Por iso, insistiu na necesidade de facer fincapé na corresponsabilidade, “na ruptura de esquemas, de tópicos e clixés” que son responsables dese desequilibrio social. Cando ese desequilibrio se corrixa, dixo, as políticas de conciliación poderán deixar de considerarse como medidas para mulleres e ser concibidas como “políticas para a sociedade”, en xeral.
Alfonso Rueda avogou por compaxinar actuacións de sensibilización, a longo prazo e para o cambio social, cunha política de impacto inmediato para promover a conciliación da vida familiar, laboral e persoal de moitos miles de mulleres galegas que a necesitan.
Nese sentido, destacou que a Xunta está a traballar en varios eidos, como por exemplo colaborando cos concellos e coas asociacións de pais e nais para favorecer programas de conciliación ou traballando para poñer a disposición cada vez máis prazas de escolas infantís e de atención a maiores en Galicia.
Tamén sinalou que o ano pasado púxose a disposición dos empregados e empregadas públicas da Xunta as posibilidades de teletraballo e de flexibilidade horaria, das que xa se benefician máis de 7.500 persoas con notables resultados. Precisamente, Rueda fixo un chamamento as persoas responsables das empresas, para que impulsen tamén nas súas organizacións as medidas de racionalización de horarios e comproben as súas vantaxes.
O seminario consistiu en tres relatorios: un primeiro sobre os beneficios para as empresas da conciliación e a corresponsabilidade, do psicólogo de empresa Joaquín Dosil; outro de Responsabilidade Social da Empresa e plans de igualdade nas PEMEs, ao cargo da consultora na área de igualdade, María Ángeles García Pérez; e un terceiro sobre boas prácticas en igualdade, conciliación e xestión da diversidade, impartido pola presidenta da Asociación de Empresarios da Coruña, Ana Isabel Ulloa, e a directora de Recursos Humanos de Geriatros, Lucía del Campo. O peche do acto fíxoo a secretaria xeral da Igualdade da Xunta, Susana López Abella.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101