Galicia
Os Trens Turísticos de Galicia “Mellor Produto de Turismo Activo Nacional” nos premios Fitur 2015
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu este luns o premio nun acto que tivo lugar en Ifema e estivo presidido pola secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recollía este luns o premio ao Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de cultura polo produto Trens Turísticos de Galicia galardoado na XX Edición dos Premios de Turismo Activo de Fitur.
No acto, que tivo lugar en Ifema e estivo presidido pola secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, entregáronse os diversos premios outorgados polos órgano de goberno de Ifema e o Comité Organizador de Fitur durante a última edición da feira en xaneiro.
Con eles preténdese promover a excelencia e a innovación no turismo recoñecendo os esforzos de empresas, profesionais e investigadores para potenciar a imaxe do sector, crear novos produtos que diversifiquen a oferta e que contribúan ao desenvolvemento sostible, e investigar para impulsar a evolución deste mercado dende o coñecemento e a análise.
O xurado destacou o traballo de Turismo de Galicia no desenvolvemento de proxectos que amplían a oferta turística da comunidade a través da adopción de políticas turísticas que fomentan o desenvolvemento sostible.
Un proxecto turístico pioneiro e innovador
Galicia a todo tren naceu como un proxecto turístico pioneiro e neste ano 2015 celebrará xa a súa terceira edición grazas á colaboración interinstitucional entre a Xunta de Galicia, Renfe e a Deputación de Ourense.
Esta iniciativa innovadora proporciona ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares de Galicia.
Trátase dun modo de practicar turismo combinando os desprazamentos en tren con outros en autobús, catamarán ou incluso barco para achegarse dunha maneira diferente aos recursos relacionados coa paisaxe, a natureza, a viticultura, a enoloxía ou a botánica.
Así, esta iniciativa promove un produto turístico de calidade e co aliciente de ser innovador e de resaltar outros produtos turísticos diferenciais e recursos que identifican a nosa comunidade e poñen en valor algúns dos seus atributos máis singulares.
Con todo, o programa Galicia a todo tren conta con gran aceptación. A campaña dos trens turísticos de Galicia pechou na pasada edición cun notable éxito ao rexistrarse máis de dous mil viaxeiros e unha ocupación media do 82%, alcanzando as rutas de Valdeorras-Ribeira Sacra e a que circulou exclusivamente pola Ribeira Sacra unha ocupación do 100%.
Galicia a todo tren 2015
Neste ano, na súa terceira edición, os trens turísticos de Galicia continuarán ofrecendo sete rutas que permiten descubrir diferentes zonas da nosa comunidade con variadas temáticas: a Ruta dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco Rutas do Viño que recorrerán os distintos territorios onde se producen as denominacións vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras.
Como principal novidade, nesta edición, incorporase ao programa o Tren Peregrino, que posibilitará a realización do Camiño de Santiago desde Madrid a bordo dun cómodo Tren Hotel; e o Tren dos Balnearios, unha nova posibilidade dirixida a maiores de 50 anos que brindará a posibilidade de aloxarse nun balneario ourensán e realizar circuítos culturais pola zona elixida.
Así mesmo, volve nesta nova edición o Galicia Rail Pass que un ano máis permitirá a peregrinos e turistas que cheguen a Galicia en trens de largo percorrido ou co pase dos trens turísticos utilizar os trens da rede de Renfe en Galicia cantas veces queiran o fins de semana, pontes e festivos do verán; e o Tren Al Andalus que percorrerá no mes de xullo o traxecto León – Santiago de Compostela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155