Galicia
Aprobados cinco novos Plans de Emerxencia en presas galegas
Foron aprobados os Plans Emerxencia das Presas de Ribeira (As Pontes); Eume; Fervenza e Santa Uxía, ambos no río Xallas e Meicende, no río Pastoriza
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu plans de emerxencia de presas na nosa comunidade. Concretamente foron aprobados os Plans Emerxencia das Presas de Ribeira (As Pontes); Eume; Fervenza e Santa Uxía, ambos no río Xallas e Meicende, no río Pastoriza. Con estes cinco plans, xa son 31 os encoros que contan con Plan de Emerxencia de Presa.
Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans, e ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de emerxencias. Uns plans que buscan estar o mellor preparados posibles para situacións que comporten riscos nestas instalacións, coñecer as zonas próximas, os plans de evacuación, e os medios que debería intervir.
Na mesma liña, homologáronse tamén varios plans de actuación municipal para o risco de rotura de presas pertencentes a 10 concellos. Xa que unha vez aprobados os plans de emerxencia de presas, no seu proceso de implantación é necesario que os concellos afectados en caso de rotura, elaboren o correspondente plan de actuación municipal, ou ben actualicen o seu plan de inundacións.
Así, aprobáronse os os plans de actuación municipal por rotura de presas dos concellos de Leiro, Boborás, Arnoia, Entrimo, Pantón, Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, Petín, O Bolo e Viana do Bolo. Estes plans adecúanse ás directrices para a planificación a nivel local previstas no Plan especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia, establecendo os medios e recursos locais chamados a intervir en caso de emerxencia na presa, co fin de que as poboacións afectadas sexan guiadas por un dispositivo permanente e actualizado de información, previsión, alerta e actuación.
Tamén no ámbito local homologouse hoxe o plan de actuación municipal para o risco de inundacións do Concello de Ribadavia. Informouse tamén dos últimos simulacros realizados dos Plans de Emerxencia Exterior, nas instalacións de Foresa en Caldas e Vilagarcía e na balsa de lodos vermellos de Alcoa en Xove.
Finalmente, informouse na Comisión sobre a compra e adxudicación de novo equipamento de emerxencias para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil dos concellos galegos, que onte mesmo foi aprobado no Consello da Xunta a resolución da Orde pola cal 143 entidades locais galegas de menos de 50.000 habitantes obtiveron algún tipo de equipamento para Emerxencias, en total, 40 vehículos todo terreo, 40 furgóns, 40 remolques, 16 embarcacións, 30 esparexadores de sal e 20 remolques con carpa para Posto de Mando Avanzado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213