Mos
Protección Civil de Mos disporá dun novo vehículo todo terreo
Esta mellora é posible gracias á axuda que recibirán da Consellería de Presidencia en colaboración co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de que a administración autonómica concederalle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil mosense a adxudicación de equipamento de emerxencias consistente nun vehículo todo terreo tipo Pick Up. Dito equipamento está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.
Ademais, o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos verá tamén ampliado o seu parque móbil cun novo camión motobomba forestal antiincendios comprometido pola Consellería do Medio Rural e do Mar.
O Servizo Municipal de Emerxencias e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos naceron para dar unha resposta adecuada ás urxencias que se produzan no termo municipal de Mos e concellos limítrofes, atendéndoas coa axilidade que este tipo de actuacións requiren. Os Voluntarios de Protección Civil colaboran nestas accións, colaboración para a cal reciben formación específica. Este gran equipo desenvolve funcións de intervención en accidentes de tráfico e laborais, extinción de incendios de todo tipo, control de verquidos, rexeración de espazos verdes, plans de autoprotección, simulacros e cursos de prevención, xestión de catástrofes naturais coma inundacións ou temporais, rescates de persoas e animais, servizos programados en actos con grandes aglomeracións de persoas como poden ser probas deportivas ou eventos culturais; e búsqueda de persoas desaparecidas.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, formada por vinteséis voluntarios, en colaboración co Servicio de Emerxencias Municipal e a Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Mos, realizou durante o ano 2014 un total de 3.481 horas de servizos no Concello.
Ademais, os voluntarios asistiron a vinte cursos formativos en distintas materias; rescate en montaña, incendios urbáns e forestais, rescate en zonas illadas, excarceración, actuación en catástrofes, etc. Tamén os integrantes do Servizo Municipal asistiron a diferentes cursos nas mesmas materias.
O presidente do colectivo, Santiago Iglesias, destaca a importancia que ten a formación neste tipo de servizos, polo que se está desenvolvendo un programa formativo para os vindeiros meses, coa colaboración de profesionais nas distintas tarefas das emerxencias e a través dos cursos impartidos dende a Academia Galega de Seguridade Pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213