Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Salvaterra celebra o Día das Letras Galegas

[Img #18713]O Concello de Salvaterra de Miño presentou a súa programación con motivo do día das Letras Galegas, enfocada principalmente aos máis cativos da casa.

 

As actividades inícianse o próximo xoves 14 de maio ás 17 horas, a cargo do grupo de animación infantil Eduvia, co espectáculo  “imos xogar con Xosé Filgueira Valverde”, na Casa da Cultura de Salvaterra. Os pais que teñan fillos intreresados, a partir de 6 anos, deberán inscribilos no teléfono 637108343 ou no correo: salvaterra.rbgalicia@eidolocal.es

 

O venres 15 de maio haberá unha actividade ao aire libre na Praza do Concello, tamén ás 17 horas, denominada “Xogos das Letras”.

 

O sábado 23 de maio, no salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra, ás 19 horas, haberá un concerto no que participan a coral da Asociación cultural Cantemos,  a coral do C.P. Fogar de Breogán de Lira e o dúa Mara, de Valga.

 

Tamén para festexar as Letras galegas, o Concello de Salvaterra de Miño, ten convocado como tódolos anos, o Concurso do Marcapáxinas, no que participan os escolares de infantil e Primaria do municipio. Os gañadores das diferentes categoría recibirán como agasallo lotes de libros e material escolar.

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.