Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Santiago Rodríguez sinala o saneamento como a prioridade do seu goberno

Un plan de mantemento e limpeza de viarios e beirarrúas coa adquisición da maquinaria adecuada, o impulso do PXOM e a mellora en estradas, son outras das súas promesas para os vindeiros catros anos

O Partido Popular de Salceda de Caselas asegura que entende o seu programa electoral como un “contrato real” cos veciños e como tal, “somos coherentes nas nosas accións e manifestación e por iso nunca exporemos propostas imposibles ou promesas fantasiosas”, subliña o presidente do PP e candidato á Alcaldía Santiago Rodríguez Davila. Precisamente, “exemplo da nosa honestidade é a diferenciación entre as promesas e as propostas”. As primeiras son un compromiso firme de que serán executadas nos próximos catro anos se obtemos a maioría necesaria para gobernar; son promesas realistas e realizables. As segundas, igual de precisas, teñen unha maior complexidade á hora de seren postas en marcha, “sobre todo debido á crise pola que atravesamos froito en parte do despilfarro e da mala xestión do bipartito local, o que non significa que non deixemos de loitar para que as propostas sexan tamén unha realidade. Neste contexto os populares salcedenses están a presentar en todas as parroquias esas promesas e propostas nas diferentes áreas”.

 

Medio ambiente e medio rural

O saneamento será “a prioridade en materia de medio ambiente e medio rural do PP ao fronte do Concello, conseguir que o maior número de vivendas estean conectadas á EDAR de Guillarei para o cal se concluirán todos os traballos que están por rematar realizando tamén novas obras para tal fin”. Do mesmo xeito, outra das promesas é “a construción dun punto limpo ou establecer algún tipo de convenio con concellos limítrofes para dispor deste servizo, ao igual que tamén manterá diálogo e colaboración con municipios veciños para a unión das distintas sendas peonís na ribeira do río Caselas”. O Partido Popular restaurará tamén as pozas fontes e lavadoiros.

 

As propostas neste apartado céntranse en impulsar unha iniciativa supramunicipal para xestionar o baleirado das fosas sépticas de maneira regulada coa finalidade de evitar vertidos incontrolados e sancións e seguir mellorando e construíndo sendas e equipamentos de esparcemento públicos nunha contorna rural.

 

Infraestruturas e servizos

En materia de infraestruturas, o Partido Popular de Salceda de Caselas porá en marcha un plan anual de mantemento e limpeza de estradas e cunetas e de limpeza de rúas e beirarrúas para o cal adquirirá a maquinaria e os vehículos adecuados; impulsará o PXOM; creará un rexistro municipal de empresas de Salceda co obxectivo de que todas teñan a oportunidade de traballar para o Concello e mellorará o acceso dende o Alto da Forca coa estrada PO-510.

 

En canto a outras propostas polas que “se traballará para a súa execución son a construción dunha rotonda no parque da Gándara e remodelación da estrada provincial dende este cruce ata Pedracarballa (San Blas-Entenza) con beirarrúas e outra glorieta na Lagüela ou mellora do acceso cara a Salvaterra de Miño”. Tamén, sinalan,  “se tentará acondicionar o acceso á PO-510  na antiga fábrica de Pedra Altamira e o ensanche e mellora do viario dende aí ata a estrada provincial a Esfarrapada-Igrexa-Picoña, á altura do edifico da Asociación de Veciños Caselas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.