A LOURIÑA
Dous ciclistas resultaron feridos tras ser atropelados por dous vehículos en O Porriño e Mos
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá ata o Hospital Perpetuo Socorro e ao Povisa de Vigo respectivamente, a dous ciclistas que resultaron feridos ao ser atropelados por dous vehículos cando circulaban pola PO-331. Ao redor das 09:30 horas de hoxe, un particular alertaba ao CAE 112 Galicia dun accidente entre un coche e unha bici, na curva de Abelenda, no punto quilométrico 5.800, no termo municipal de O Porriño. Media hora mais tarde, sobre as 10:00 horas, outro alertante informaba ao 112 Galicia doutro atropelo na mesma estrada, de Porriño a San Cosme, no punto quilométrico 4, en Mos. Nada mais recibir as chamadas de alerta, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención, en ámbolos casos, de Urxencias Médicas, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Porriño e de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213