Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Escolares mosenses coñecen en profundidade os Muíños da Budiela e da Salgueira

Esta actividade didáctica está organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá

[Img #18739]Onte comezou a actividade escolar ‘Coñece Mos’ organizada pola concellería mosense de Educación e Participación Cidadá, mediante a que se leva aos escolares do Concello a facer un percorrido polo conxunto de Muíños da Budiela e rematando no Sendeiro dos Muíños da Salgueira, en Pereiras, de xeito que coñezan e valoren o seu entorno máis próximo.

 

Os obxectivos desta iniciativa son favorecer o coñecemento do entorno cultural e natural do noso concello promovendo hábitos y actitudes positivos co medio que nos rodea, facilitar aos alumnos/as espazos de comunicación e socialización diferentes aos habituais co fin de que compartan experiencias beneficiosas, ofrecer alternativas de ocio saudable que supoñan unha alternativa ós contextos lúdicos que propician o desenrolo de condutas nocivas, promover a participación activa, a implicación e o divertimentos dos escolares do noso Concello a partir deste tipo de iniciativas, dinamizar o sendeiro dos muíños e integralo como espazo de utilización lúdico-educativa, coñecer os recursos naturais existentes ó redor do sendeiro, tanto a flora como a fauna que convive neste entorno privilexiado; e fomentar hábitos de coidado da natureza ademais de procurar espertar curiosidade e interese polo medio natural e as actividades ligadas a el.

 

A actividade consiste en que os/as alumnos/as fagan un percorrido polo sendeiro dos muíños, dunha duración de 1 hora e 45 minutos aproximadamente, acompañados por un monitor de tempo libre, veciño da parroquia, que lles relatará a historia e características desde muíños e lles explicarán os distintos elementos naturais. Deste xeito, os escolares poderán coñecer mellor o rico entorno natural e cultural do noso Concello.  O alumnado participante nesta actividade pertence os cursos de 4º de Primaria e 1º de ESO, adaptando as explicacións e as dinámicas á idade dos nenos.

 

As saídas comezaron onte e continuarán durante os días 20 e 27 de maio e 3 de xuño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.