Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 15 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Aberta a inscrición en “SurfeaMos o Atlántico” para os mozos que desexen aprender surf

O curso levarase a cabo durante o mes de xuño na praia de Prado

[Img #18741]Xa abriu o prazo de inscrición na actividade “SurfeaMos o Atlántico” organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense e que se realizará durante o vindeiro mes de xuño na praia de Prado.

 

A actividade dividirase en dous grupos. O primeiro grupo levaráa a cabo os días 6, 13, 20 e 27 de xuño en horario de 16.30 horas a 18.30 horas e o segundo grupo os días 22, 23, 25 e 26 de xuño en horario de 11.00 horas a 13.00 horas.

 

A xuventude con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos preferentemente empadroados no Concello de Mos é a destinataria deste curso de surf. Terán preferencia os empadroados e/ou escolarizados en Mos. En caso de que non se cumprimenten todas as prazas, poderán acceder persoas que non cumpran os requisitos de idade ou poboación non empadroada no Concello.

 

O Club Deportivo Prado Surf que encargarase da ensinanza teórica e práctica desta modalidade deportiva acuática que ten como obxectivos, promover un ocio saudable na xuventude do municipio de Mos, incorporando novos valores educativos vinculado ó deporte e o medio natural no que vivimos, fomentar a auto-superación e o respecto polo medio natural, inducir a coñecerse a un mesmo, valorar o esforzo e a perseveranza, impulsar a mellora da flexibilidade, a forza, o equilibrio e a coordinación, favorecer o uso responsable dos recursos naturais e a atención ó medio ambiente, interactuar co entorno e compromiso coa súa mellora e uso sostible, crear novos espazos de socialización e divertimento para a xuventude e ofertar actividades de ocio nocturno atractivas e asequibles para os mosenses.

 

As sesións serán de dúas horas por día nas que se alternará teoría e práctica en cada unha de elas. Ofrecerase a posibilidade de realizar curso de iniciación e curso de perfeccionamento. Para calquera dos cursos é requisito imprescindible saber nadar. A dinámica das sesións teóricas será activa. Os  propios participantes serán protagonistas e serán partícipes no desenrolo da actividade.

 

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse xa no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do concello: www.concellomos.es. Para inscribirse deberán presentar a solicitude asinada, unha fotocopia do DNI e para os escolarizados que non estean empadroados no concello, tamén unha copia do certificado de escolaridade.

 

Os prazos de inscrición para cada un dos grupos son: 1º grupo (con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos) prazo de inscrición do 13 de maio ó 1 de xuño, publicación de lista de admitidos/as o 2 de xuño e prazo de pago do 2 ó 4 de xuño; 2º grupo (con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos) prazo de inscrición do 13 de maio ó 15 de xuño, publicación de lista de admitidos/as 16 de xuño e prazo de pago: do 16 ó 18 de xuño.

 

A lista de admitidos/as establecerase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. A actividade desenvolverase na Praia de Patos situada na localidade pontevedresa de Nigrán.

 

O desprazamento correrá por parte do Concello para o grupo de 14-17 anos coa contratación dun autobús para os participantes menores nesta actividade. Mentres que o grupo de maiores de idade terá que desprazarse no seu propio vehículo.

 

O club deportivo Prado Surf facilitará todo o material necesario para o desenrolo da actividade (táboa, neopreno e accesorios) e a utilización das instalacións  con acceso directo á area e duchas de auga quente.

 

Ademais, cada un dos participantes contará coa súa propia licenza federativa e o seu seguro de responsabilidade civil e de accidentes. 

 

En relación ós recursos humanos, cada curso contará con docencia personalizada (máximo 6 persoas por monitor, para facilitar unha maior eficacia da formación). Os monitores/as son  titulados pola Federación Galega de Surf.

 

Custe para cada participante será para os integrantes do 1º grupo de 18 a 35 anos 35 euros e para os do 2º grupo de 14 a 17 anos de 45 euros xa que inclúe o gasto do transporte (que subvenciona en parte o Concello de Mos).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.