Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 15 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

Os socialistas de salceda mantiveron reunións con máis de 35 asociacións e colectivos

A candidata socialista á alcaldía de Salceda de Caselas mantivo reunións con todos os colectivos sociais, culturais, veciñais, deportivos e económicos de Salceda de Caselas nunha ronda informativa que tivo como obxectivo recoller inquedanzas e propostas para mellorar a vida dos barrios, parroquias e do propio Concello.

 

En total, Verónica Tourón mantivo encontros sectoriais con máis de 35 colectivos sociais e veciñais, dos que destacou a “fantástica e moi colaborativa acollida que recibimos”.

 

[Img #18745]Mantivo xuntanzas coas asociacións máis representativas de cada parroquia: Budiño, San Xurxo, Soutelo, Entenza, Barreiro, A Feira, Parderrubias, Santa María e Picoña. Ademais, tamén se reuniu cos colectivos económicos, culturais e tamén no eido xuvenil, do ensino ou deportes: como ACISA, Asociación Amigos da Música, outras asociacións musicais e culturais, representantes das ANPAS do CRA Raíña Aragona, Altamira e IES, Asociación Xuvenil A Turonía, Club Balonmán Caselas, Caselas FC, Club Baloncesto Caselas, Asociación Made In Salceda, Club de Xadrez e por suposto, no eido social, Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda e Mulleres Rurais Caselas.

 

Cos datos recollidos o  gabinete de campaña socialista preparou un documento final co programa electoral dos socialistas que presentaron publicamente co lanzamento “dunha páxina web onde poder consultar o programa electoral e os compromisos da candidata socialista”. Segundo Verónica Tourón, “os socialistas quixemos facer un programa electoral cos propios veciños e veciñas de Salceda e informarlles que se acabamos a alcaldía, este será o noso xeito de proceder: o diálogo e a procura de acordos constante.”

 

Tourón constatou, a través destas reunións “a vontade cidadá de impulsar cambios na xestión municipal”, o que nas súas palabras representa o que segundo ela, os socialistas levan tempo advertindo “nos atopamos ante o remate dun ciclo político, dun proxecto esgotado. Os cidadáns miran en nos un novo proxecto para toda Salceda e nós, estamos convencidos e agardamos que este sexa posible cunha Alcaldía socialista”.

 

 Rodrigo Martínez, secretario xeral dos socialistas salcedenses, e número 2 da candidatura, asegurou que "no PSOE de Salceda, creemos que a voz e a opinión crítica dos veciños e veciñas, emprendedores, asociacións da nosa vila, son claves para afrontar o futuro que temos que construir para todos e todas".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.