Mos
Homenaxe ás novas promesas do Baile Deportivo mosense
Onte pola tarde celebrouse unha recepción na que Patricia Martínez recibiu tamén unha nova distinción polo seu 11º título de Campiona de España
Onte pola tarde celebrouse en Mos a recepción ós campións da Escola de Baile Deportivo de Mos no Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos. Os bailaríns mosenses veñen de acadar novos e importantes títulos polos que os homenaxeou o Concello de Mos.
Asistiron a esta recepción Patricia Martínez, mestra da Escola de Baile Deportivo de Mos e que conseguiu o 11º título de Campiona de España de 10 Bailes e Standard, Gabriela Holt (12 anos) e Daniel Requejo (14 anos), Tri-Campións Galegos de Baile 2015 Junior II; Sara Requejo (11anos) e Juan Ferrón (11anos), finalistas galegos 2015 Baile Junior I; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Isidoro Táboas, concelleiro de Deportes de Mos e demais membros da Corporación Municipal mosense.
A finais do pasado mes de abril a bailarina mosense Patricia Martínez e a súa parella, Adrián Esperón, participaron no Campionato de España, onde se proclamaron por undécima vez campións nacionais. O Palacio Municipal de Deportes de Granada acolleu o Campionato de España de Baile Deportivo na modalidade de Standard, durante o que se viñeron disputando as diferentes modalidades de baile para todas as categorías que se presentaron: promoción, liga nacional e Campionato de España. Desenvolvéronse todas contando con centos de participantes de todos os lugares de España. O desenlace da competición resultou ser a consecución do undécimo Campionato de España polo pontevedrés Adrián Esperón e a súa parella de baile, a mosense Patricia Martínez.
Previamente, a mediados de abril, Adrián Esperón e Patricia Martínez finalizaran tamén decimocuartos no Campionato Europeo de Baile Deportivo na modalidade de 10 Bailes, no que competiron contra un total de 31 parellas doutros tantos países europeos que disputaron esta competición que resultou estar moi igualada.
Por outra banda, o pasado día 2 de maio, celebrouse o Trofeo Low Cost na cidade Italiana de Baricella. Nesta competición participaron na modalidade de Standard da máxima categoría deste deporte Adrián Esperón e Patricia Martínez. De entre o total de 87 parellas participantes, Adrián e Patricia lograron entrar na final e conseguir un 5º posto. Adrián Esperón e Patricia Martínez están integrados dentro do circuíto de competicións internacionais que ó longo do ano celébranse por toda Italia relacionados co Baile Deportivo.
A actividade vertixinosa do último mes da campiona mosense Patricia Martínez e mestra da Escola de Baile Deportivo de Mos é unha mostra indicativa da súa exemplar actitude deportiva que a leva a acadar títulos como este último, e undécimo xa, Campionato de España.
Pequenos Campións Galegos
A canteira da Escola Municipal de Baile de Mos xa despunta con Patricia Martínez como mestra e exemplo a seguir.
O domingo 22 de marzo celebrouse o Campionato Galego da Modalidade de Standard, que tivo lugar en Meis, organizado polo Club B-Troula (un dos clubes más amplos e de maior nivel de Galicia) e contando con máis de 170 parellas participantes. Neste campionato, a Escola Municipal de Baile de Mos conseguiu 2 medallas de ouro e un posto na final que trouxeron orgullosos para Mos e polos que hoxe recibiron unha merecida homenaxe.
A primeira medalla de ouro foi na categoría Adulto e gañada por Patricia Martínez e Adrián Esperón. A outra medalla de ouro foi na categoría Junior II, e a gañaron Daniel Requejo (veciño de Mos) e Gabriela Holt (veciña de Cangas). O posto finalista foi na categoría Junior I, obtendo la 6ª posición Juán Ferrón (de Vigo) e Sara Requejo (veciña mosense).
Ambas parellas junior son alumnas de Patricia Martínez e adestran en Mos. Gracias ó seu esforzo e sacrificio, o municipio de Mos destaca xa tamén en categorías deste deporte que non sexa a de Adultos.
Os seis bailaríns declararon esta tarde sentirse “orgullosos de representar a Mos a nivel nacional e internacional e agradeceron o apoio recibido dende a Alcaldía e a concellería de Deportes mosenses”.
Particularmente Patricia Martínez destacou o “gran aumento de calidade e deportividade das parellas mosenses no Campionato Galego de Bailes Standard” e remarcou que “tanto Daniel Requejo como Sara Requejo (ambos de Mos), e as súas respectivas parellas, serán os meus sucesores e os que manteñan nun futuro o nome de Mos no máis alto”.
Martínez concluiu felicitándoos ós 4 polo gran traballo feito no Campionato Galego e manifestando o seu orgullo cara ós seus alumnos e cara á súa profesión e paixón, que é o Baile Deportivo, dixo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213