Provincia
Pontevedra é a provincia española con máis bandeiras azuis
A provincia de Pontevedra é a que conta con máis bandeiras azuis de España cun total de 68 distincións. Destas 59 corresponden a praias ubicadas en Sanxenxo (12), Cangas (10) e Vigo (9) sendo os municipios de España con máis distintivos. Tamén en 9 portos deportivos, o de Moaña e Cangas logran o recoñecemento por primeira vez.
O presidente da Deputación de Pontevedra, agradeceu hoxe o esforzo e sacrificio dos alcaldes para conseguir 59 Bandeiras Azuis para a provincia “porque eu sei do difícil e costoso que é cumprir todas as condicións esixidas e contar cos servizos que ADEAC demanda”, dixo.
Liña de calidade
Louzán estendeu as súas felicitacións as entidades públicas e as privadas, sobre todo do sector hoteleiro e restaurador. E indicou que a provincia de Pontevedra leva anos nunha liña de búsqueda e incentivo da calidade “na que hai que seguir profundizando pois somos, xunto con Barcelona, a provincia con máis establecementos con diplomas de calidade, perto de 200, e a de maior número de bandeiras azuis de España: en 70 kilómetros da nosa costa 59 praias contan con este distintivo, e temos 348 areais”.
Nunha rolda de prensa posterior á xunta de goberno, Louzán destacou que Galicia é a comunidade con máis distincións recibidas: 150 (8 máis que o ano anterior): 131 praias (o 45% na provincia de Pontevedra) e 19 portos (a metade na provincia de Pontevedra). É tamén a Comunidade con maior número de sendeiros azuis recoñecidos (16).
A provincia de Pontevedra, pola súa banda, é a provincia con máis bandeiras azuis de España (68): 59 praias (Sanxenxo con 12, Cangas con 10 e Vigo con 9, son os municipios de España con máis distintivos); e 9 portos deportivos (Moaña e Cangas logran o recoñecemento por primeria vez).
“Somos tamén a primeira provincia española con máis sendeiros azuis recoñecidos”, destacou Louzán. En concreto: Roteiro de Donón (Cangas), Camiño á beiramar (Vigo), Ruta de Sendeirismo Cabo Udra ( Bueu), Senda perimetral Bao-Xastelas (A Illa), Senda litoral de A Guarda, Sendeiro Litoral Ecosistema Dunar Praia, América-Panxón (Nigrán), Sendeiro Litoral de Baiona, e Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo.
Pontevedra é tamén a 2ª provincia con máis centros azuis galardoados(6): Aula da natureza Cabo Udra (Bueu), Centro de interpretación, As Telleiras” (Sanxenxo), Centro de Interpretación da Conserva (A Illa de Arousa), CIRA (Vilagarcía de Arousa), Museo do Mar de Galicia( Vigo) e Museo de Meirande (Redondela).
Pola súa banda, o Concello de Sanxenxo logrou, un ano máis, o maior número de bandeiras en praias de España (12) ás que hai que engadir TRES distintivos máis: porto deportivo de Sanxenxo, o Centro de As Telleiras e o Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo que é a 1ª vez que recibe esta denominación internacional.
Louzán destacou especialmente o distintivo logrado pola Praia Fluvial de A Calzada, en Pontecaldelas, que é a primeira que recibe este distintivo en Galicia e a 2ª en España, na que a pioneira foi Orellana La Vieja en Estremadura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22