Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 16 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O PP de Mos asegura que creará una "Escola de Segunda Oportunidade”

Nidia Arévalo plantexa Mos como “territorio de oportunidades laborais

[Img #18756]Arévalo e os membros da súa candidatura fixo onte parada na parroquia de Donelas, onde a actual alcaldesa mosense centrouse nos seus proxectos de futuro para o Concello de Mos en materia de emprego. “Sabemos que o emprego é máis ca nunca a preocupación máxima das veciñas e dos veciños polo tanto, é a nosa prioridade, o noso gran obxetivo transversal. Podemos presumir de espíritu emprendedor capacidade de innovación, creatividade e talento. Por iso, dedicaremos todos os nosos esforzos a apostar pola formación, a información , o emprendemento, a innovación e a economía do coñecemento, que xunto coa estabilidade e a confianza, conducirán á creación de novos postos de traballo e a atraer novas inversións”, explicoulles ós veciños e veciñas presentes en Dornelas, respaldada pola candidata de dita parroquia, Sara Cebreiro, e polo candidato da parroquia de Tameiga e actual tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego mosense, Óscar Soto.

 

En colaboración cos axentes económicos e sociais de Mos aseguran que “elaborarán  durante a vindeira lexislatura un PLAN ESTRATÉXICO-MOS 2015-19 para o impulso e desenvolvemento ecónomico do Concello”.

 

[Img #18759]Algunhas medidas consisten na creación dun  Observatorio Local para o Emprego, onde as institucións, empresarios locais e centros educativos colaboren na adecuación dos requirimentos e capacitacións dos traballadores desempregados ao mercado laboral e a realidade empresarial do concello.

 

Tamén reforzarán o Pacto Local de Emprego que se vai vertebrar “nun Plan integral de intervención en cuestións comúns e claves para o desenvolvemento dunha política efectiva a favor do emprego, en canto a mellorar a Intermediación laboral, coordinar a oferta formativa dacordo coas necesidades do tecido empresarial, e fomento a formación dual ou prácticas en empresas, e sobre todo organizar Foros ou Encontros entre as persoas demandantes de emprego e as empresas e promoción do asociacionismo empresarial”.

 

Doutra banda buscarán reforzar a imaxe da Axencia de Colocación dunha “maneira integradora e como dinamizadora de accións innovadoras cara o fomento do emprego.

 

Escola da Segunda Oportunidade

 

Os populares plantexan coma proxecto a creación da Escola da Segunda Oportunidade  que  será  un recurso orientado a reinserción educativa das persoas. A súa finalidade é permitir dotar dunha cualificación básica a aquelas persoas que non puideran finalizar a enseñanza obligatoria con éxito, ou queiran continuar a súa formación, “trátase de loitar contra a exclusión a través da educación e formación para facilitar a súa inclusión laboral e persoal, en definitiva será una unidade especializada de apoio a reinserción laboral de persoas con estas características a través de itinerarios integrados de inserción, que inclúan: información e orientación laboral adaptados; habilidades sociais e prelaborais, ou formación básica e complementaria, entre outras.

 

Arévalo rematou a súa intervención salientando que “todas as nosas medidas terán prioridade en aquelas familias nas que ningún dos seus menbros traballen ou teñan ningún tipo de ingreso”. E insistiu engadindo que “a recuperación económica pasa polo emprego, e o emprego en Mos tamén pasa polos polígonos industriais, unha das prioridades estará concentrada en realizar esforzos significativos na mellora dos accesos, renovacións de pavimentación e dos viais, incremento da seguridade, a consolidación da limpeza e aprovisión de conexións de banda ancha a todolos polígonos, en definitiva, facer atractivos os polígonos de Mos tanto para as empresas xa ubicadas en eles coma para as que non están. Somos conscientes, da actual fuga de empresas cara ao norte de Portugal, especialmente polas facilidades de implantación coma polo  prezo do solo. Sensibles ante esta realidade, solicitaremos a revisión por parte do Xestur Galicia do prezo do solo no Polígono da Veigadaña, para conseguir a venda da totalidades das parcelas baleiras e polo tanto a consolidación do polígono. Convertíndoo nun motor de cremento e xeración de riqueza no territorio”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.