Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 16 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

GañaMos celebra un mítin no pazo de Mos este sábado

Vázquez Troitiño e o abogado Miguel Rodríguez Alonso estarán Mos ás 20.00 h.

[Img #18758]A iniciativa veciñal “GañaMos” formada por “xente involucrada na vida social e cultural” presenta o seu programa de goberno será exposto este sábado, 16 de maio, ás 20:00h no Pazo de Mos, polo candidato á alcaldía Fco. Vázquez Troitiño e o abogado Miguel Rodríguez Alonso.

 

O médico de familia recen xubilado, Fco. V. Troitiño encabeza esta candidatura composta por un grupo de persoas entre as que se atopan licenciados en diferentes especialidades, avogados, mestres e xente de movementos asociativos.

 

Nun comunicado de prensa adiantan que “transformaremos o Concello de Mos nun lugar máis agradable para vivir, practicando unha política  solidaria, honesta e transparente, aberta á participación  dos veciños na toma de decisións”.

 

Dende a nova formación aseguran que fomentarán a “colaboración entre as asociacións para poder sacar máis rendemento ao traballo realizado polo voluntariado social e potenciaremos a nosa propia identidade rural, compaxinando os recursos turísticos, culturais e medioambientais na procura desenvolvemento sostible”.

 

Explican que “o camiño de Santiago será o eixe vertebrador que servirá para unir tódalas parroquias mosenses a través do seu patrimonio histórico e apostaremos pola riqueza que xerará no noso concello a serra do Galiñeiro, apoiando tódalas iniciativas que persigan a súa necesaria declaración como Parque Natural”.

 

En definitiva, explican, que “debemos aproveitar a nosa situación estratéxica dentro da área máis industrializada de Galicia, sen perder a nosa identidade rural”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.