Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 16 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda asegura que eliminará a taxa de licenza de apertura de novas actividades

O equipo encabezado por Santiago Rodríguez Davila sostén que intentará recuperar Protección Civil e valorará a contratación de dous novos policías locais

[Img #18760]

Co obxectivo de “fomentar o emprego, unha das máximas prioridades do Partido Popular”, o candidato á Alcaldía de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, promete que de gobernar os vindeiros catro anos eliminará a taxa da licenza de apertura de novas actividades.

 

En materia de economía e facenda os populares salcedenses comprométense tamén á redución do IBI nun 25% naqueles fogares nos que todos os membros da unidade familiar estean desempregados, apoiando ademais fiscalmente ás persoas con recoñecemento de discapacidade e/ou dependencia e ás familias numerosas, en función da renda per cápita, no pago de todas as taxas e impostos municipais.

 

A maiores da xa anunciada bonificación do 100% da taxa de ocupación da vía pública con terrazas condicionado á contratación dunha persoa desempregada da localidade cun contrato mínimo dun ano e da redución en máis dun 25% do custe total dos membros do goberno municipal (alcalde, concelleiros e postos de confianza), o PP de Salceda promete a eliminación da taxa do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) en orzamentos inferiores a 2.000 euros.

 

Seguridade e tráfico

 

Se o Partido Popular goberna os vindeiros catro anos asegura que “intentará recuperar a Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil de Salceda (con máis de 15 anos de antigüidade e en proceso de disolución) e o inventariado dos seus bens e útiles que inclúen cesións da Xunta de Galicia ao Concello dun vehículo motobomba, un Nissan Patrol equipado para emerxencias, equipos de comunicación e radio e traxes ignífugos, entre outros”.

 

Ademais, se os recursos económicos o permiten, crearanse dous novos postos de Policía Local. Tamén se “implantará un novo plan de reordenación do tráfico nas rúas do casco urbano e potenciarase o plan de seguridade na contorna das aulas educativas, así como a posta en marcha de cursos de formación en seguridade e transporte escolar” tal e coma asegurou Santiago Rodríguez Davila .

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.