Tui
Campamentos de Verán en Tui para as dúas quincenas de xullo e a primeira de agosto
As inscricións realizaranse dende o 26 de maio ao 2 de xuño
O Concello de Tui, ao través da concellería de Deportes, organiza os Campamentos de Verán 2015, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto.
Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do noso municipio. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.
As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o martes 26 de maio ata o martes 2 de xuño, no horario de 09.00 a 14.00 horas, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases, que poden consultarse na páxina web do Concello de Tui ou na secretaría do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213