Feiraco conmemora as Letras Galegas
Un millón de envases de leite "con letras"
A cooperativa agrogandeira galega lanza, no marco das súas accións de responsabilidade social, unha edición especial baixo o lema ‘Sempre coas Letras Galegas’ e un certame de microrrelatos na rede social Facebook no que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística
Feiraco súmase á ampla programación conmemorativa das Letras Galegas 2015 cunha iniciativa especial que, baixo o lema “Sempre coas Letras Galegas” levará aos fogares galegos “O mellor de Filgueira Valverde” e anima á cidadanía a participar na celebración do 17 de maio por medio da IV edición do seu certame de microrrelatos na rede social Facebook. Faino, desta volta, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da man da Fundación Filgueira Valverde.
Feiraco, ‘Sempre coas Letras Galegas’
Feiraco súmase con esta campaña á programación institucional das Letras Galegas 2015 promovida pola Xunta de Galicia mediante dúas iniciativas que levarán “O mellor de Filgueira Valverde” aos fogares galegos nun envase especial conmemorativo, ilustrado cunha caricatura de Filgueira Valverde cedida pola Fundación Filgueira Valverde, nunha edición especial dun millón de envases de leite. O código QR incluído nos cartóns permitirá descargar en formato dixital o artigo “O galego verdadeiro” (pertencente á obra II Adral).
Parellamente, un certame de microrrelatos en galego no Facebook convidará os internautas desta rede social a festexar o 17 de maio poñendo en valor a lingua galega. Poderán tomar parte del desde calquera punto de España os autores noveis maiores de 18 anos que presenten un texto orixinal e inédito de, como máximo, 500 caracteres. Os catro microrrelatos máis votados gañarán cadansúa colección da Enciclopedia Galega Universal e os tres seguintes, cadanseu lote especial Letras Galegas de Feiraco composto por produtos alimentarios e culturais.
Promover a lingua propia desde a responsabilidade social
Feiraco constitúe desde a súa fundación, hai xa 45 anos, un exemplo de compromiso empresarial, tanto nos seus valores e métodos de traballo dirixidos á vertebración do tecido social e do desenvolvemento económico, como noutras actividades con proxección social que a cooperativa agrogandeira leva posto en marcha ao longo a da súa historia. Exemplos da súa aposta pola identidade patrimonial, cultural e tradicional son as campañas implementadas coincidindo coa celebración de efemérides anuais como poden ser as Letras Galegas, o entroido ou as postas en marcha en colaboración co ámbito educativo para achegarlles a realidade dos procesos produtivos a escolares de toda Galicia, no marco das súas accións de responsabilidade social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121