Jueves, 02 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 15 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

O BNG de Mos aposta por un bus urbano

Tería un custe 150.000 euros anuais

[Img #18774]Miguel Anxo Aldea Moscoso, candidato á alcaldía polo BNG en Mos, aposta pola existencia dun transporte público. Fala da “necesidade de unir o concello, para facilitar que os cidadáns se  despracen e podan acudir ao centro de saúde ou a mercar á zona de supermercados”.

 

Aldea Moscoso asegura dispor dun estudo baseado en concellos de características similares coma Els Fraques del Valles en Cataluña (19.000 habitantes).

 

O sistema de transporte proposto polo BNG tería tres lñiñas circulares con percorridos estarían sobre 24 a 28 kms en cada liña, e que “terían que ser feitos por microbuses de 19 a 23 pasaxeiros, debido á orografía e aos camiños que temos neste concello”.

 

A frecuencia de paso sería de hora e media, e “para isto hai unha razón, que sería os enlaces con Vitrasa, puntos claves neste proxecto, e que servirían de regulación horaria entre ámbolos dous servizos” asegura nun comunicado.

 

Custe 150.000 euros anuais

Con todas as variables que estudaron aseguran que “este servizo poderíase realizar cunha inversión anual de 150.000 €, só durante os primeiros anos, xa que o incremento de uso debe baixar a aportación que fai o concello”.

 

Para o candidato á alcaldía polo BNG “a política de prezos estaría composta por unha tarifa plana a menores de 25 anos, que con 20 € terían acceso contínuo, e ademais de para pensionistas, parados e persoas con poucos recursos, o que demostraría o valor social que realmente posúe”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.