Mos
Mos celebrou as Letras Galegas con gran éxito de afluencia
Os dous actos programados, tanto o matinal no Centro Dotacional de Torroso, como o espectáculo musical María Fumaça pola tarde no Multiusos contaron con numeroso público asistente
O Concello de Mos organizou con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebrou onte domingo 17 de maio, un programa de actos que constou de actividades matutinas e vespertinas. En horario de mañá realizouse a homenaxe a Xosé Filgueira Valverde, autor ó que se lle adica este ano o Día das Letras; que tivo lugar no Centro Dotacional de Torroso a partir das 12.00 horas.
En dito acto contouse coa actuación do grupo de baile Ruada de Torroso e un concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso. As pezas interpretadas foron todas de temática galega, entre as que se atoparon o Pasodobre Porriño de Rogelio Groba, Sangral de Israel Quintas e A Lenda de Montelongo de Bernardo del Río, entre outros.
Xa pola tarde, ás 18.00 horas, no Multiusos das Pozas (parroquia de Petelos) celebrouse a segunda actividade do día consistente no espectáculo musical María Fumaça “Xiqui Xoque, Fiú, Fiú”.
María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Tanxarina, Carlos Blanco, Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos viaxan nun espectáculo no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.
Este musical nace como unha idea de Uxía para agasallar a Ruí, o seu afillado, “un neno marabilloso que ten unha discapacidade”. Dende hai anos, polo nadal, unha morea de artistas amigos xuntábanse na casa de Ruí para agasallarlle as súas cancións, a súa alegría, e para facer entre todos esta gran festa da vida que é María Fumaça.
Tamén móstrannos a todos que a diferenza, vivida con normalidade, amplía os nosos horizontes e fai o noso mundo máis grande.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121