Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Francisco Conde comparte con 150 empresarios mosenses un acto sectorial de Economía e Industria

A Axencia de Colocación de Mos acolleu este encontro organizado polos populares mosenses coa súa candidata, Nidia Arévalo, á cabeza

[Img #18788]Esta mañá celebrouse na Axencia de Colocación de Mos un acto sectorial de Economía e Industria coa presencia do conselleiro Francisco Conde.

 

A dito acto asistiron Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria, Mª José Bravo Bosch, delegada territorial da Xunta de Galicia, Nidia Arévalo, candidata á Alcaldía e actual alcaldesa de Mos, Óscar Soto, candidato da parroquia de Tameiga e actual tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego e Facenda e Patrimonio, demais membros integrantes da lista electoral do PP de Mos e unha ampla representación de empresarios mosenses.

 

A este encontro co empresariado mosense asistiron un total de 150 empresarios da comarca. Durante o almorzo, no que estivo presente tamén o equipo de goberno local de Mos ao completo, Conde insistiu en numerosas ocasións en que as compañías deben apostar pola innovación e a industrialización para ser competitivas.

 

[Img #18789]A consellería busca “fixar tecido industrial en Galicia” e para iso, o futuro pasa “pola innovación e a competitividade”. Neste sentido o conselleiro Francisco Conde lembrou que existe unha lei para acelerar o nacemento de negocios de xeito que “a Administración non sexa un obstáculo para a actividade económica”.

 

Por exemplo, os emprendedores poderán recorrer ós servizos das firmas certificadoras, que se encargan de todos os trámites burocráticos para abrir unha compañía.

 

Conde tamén fixo referencia ao impulso dos distintos sectores estratéxicos, como o naval e a automoción, de importancia estratéxica para o tecido empresarial da provincia de Pontevedra, facendo especial mención ós proxectos da factoría de Citroen e ó que van supor para os vindeiros dez anos.

 

E falando xa de futuro, unha inversión casi segura “son os sectores aeronáutico, de biotecnoloxía e de enerxías renovables”. Na súa opinión, Galicia ten “o potencial” para desenrolar ditos sectores e poder enfrentarse en igualdade de condicións en calquera mercado; declarou o conselleiro.

 

Para finalizar, Francisco Conde quixo resaltar a figura dos rexedores locais como facilitadores da actividade industrial, escoitando e axilizando tramitacións, “rexedores e rexedoras do século XXI, como Nidia Arévalo”, dixo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.