Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O PP de Salceda acusa ao alcalde de “incumprir a súa maior promesa electoral”

Di que "o centro de saúde aínda non se construíu porque o Concello non tramitou toda a documentación necesaria"

O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de corroborar “o xa anunciado durante os últimos anos, e é que o novo centro de saúde non está construído non por culpa da Xunta de Galicia, non, senón porque o señor alcalde non fixo os seus deberes, facéndoos agora, a última hora, para quedar ben cos veciños e trasladándolle as culpas a outros cando é el o maior culpable”, explica Santiago Rodríguez Davila, candidato á Alcaldía polo Partido Popular.

 

Asegura que “a Xunta de Galicia non tiña a documentación necesaria para a recepción do terreo, de aí que non se iniciase o proxecto. Pois un dos requisitos imprescindibles para elo é a inscrición da reparcelación no Rexistro da Propiedade de Tui, algo que se acaba de facer fai uns días, o 7 de maio, despois de que a aprobación definitiva de dita reparcelación se publicase no Boletín Oficial da Provincia o 16 de xaneiro de 2015”.

 

“Despois de prometelo durante os últimos oito anos, a que foi a súa gran promesa electoral, agora, ás portas duns novos comicios é cando o alcalde se lembra de facer as tarefas que lle competen, e que por mor de non facelas antes os salcedenses seguimos sen o novo centro de saúde, porque a vontade da Xunta de Galicia, segue aí, o compromiso de construír estas instalacións é firme, pero a demora no proceso foi todo debido a irresponsabilidade do alcalde e do seu bipartito, que non é quen de cumprir cos seus labores en tempo e forma”, subliña Rodríguez Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.