Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 19 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Aberto o prazo de inscrición para participar en dous cursos Actívate

As accións formativas en cuestión son Acompañante de Comedor Escolar e Acompañante de Transporte Escolar

[Img #18808]Onte abriuse o prazo de inscrición no Programa Actívate de actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre de interese xuvenil. Estes cursos están organizados pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense.

 

Os cursos ofertados son de Acompañante de Comedor Escolar e Acompañante de Transporte Escolar. O primeiro realizarase de luns a xoves do 22 de xuño ó 7 de xullo (17:00-21:00h) e o prazo de inscrición para os interesados rematará o 5 de xuño.

 

Os obxectivos desta acción formativa son coñecer a normativa legal sobre comedores escolares, adquirir coñecementos básicos en atención de comedores e as condicións ambientais que deben reunir, e adquirir coñecementos sobre as distintas funcións e tarefas do acompañante, así como a organización da actividades e dinámicas para o tempo libre.

 

O curso de Acompañante de Transporte Escolar levarase a cabo de luns a xoves do 8 ó 23 de xullo (09:00-13:00h) con prazo de inscrición ata o 19 de xuño.

 

Os obxectivos deste curso son coñecer a normativa legal sobre transporte escolar e os diferentes sistemas de seguridade nos transportes escolares, adquirir coñecementos básicos en atención educativa, apoio e vixilancia dos nenos dentro dun transporte escolar e adquirir coñecementos sobre as distintas funcións e tarefas do acompañante e a súa importancia na prevención de accidentes.

 

Os mozos e mozas que desexen inscribirse para participar nalgunha destas dúas accións formativas deberán achegarse ó Rexistro Xeral do Concello de Mos  en horario de 09:00 a 14:00 horas e entregar debidamente cumprimentado o modelo oficial, que pode descargarse da páxina web municipal, www.mos.es ou obtelo directamente no Rexistro do Concello, Axencia de Colocación ou Multiusos.

 

A idade dos participantes deberá ser entre 16 e 35 anos.

 

A duración total dos cursos é de 40 horas e serán totalmente gratuítos para os participantes. O número de prazas en cada curso é de 25 é o lugar no que se impartirán será a Aula de Formación da Axencia de Colocación de Mos.

 

Para máis información pódese chamar ós teléfonos 986339404 // 986487786 ou escribir ó correo electrónico omix@concellomos.es

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.