O Porriño
Arrinca o XII Festival de Cans cos veciños e veciñas como protagonistas
No primeiro día comeza tamén Cans de Futuro, polo que pasarán 700 escolares; proxéctase Meigallos de Virginia Curiá e preséntase o Canzine 2015, a revista oficial do festival
Hoxe mércores ábrese a XII edición do Festival de Cans. Catro días de celebración arredor da música e o cine nun contexto único: o da parroquia porriñesa de Cans. A primeira xornada estará dedicada, un ano máis, ao Día dos Veciñ@s, con actividades protagonizadas e dirixidas á xente de Cans. Tamén arrinca mañá Cans de Futuro, a programación pensada para escolares pola que pasarán máis de 700 rapaces e rapazas ao longo dos próximos días.
O Festival de Cans non sería posible sen o papel que cada ano xogan os veciños e veciñas da parroquia. Dende os máis novos que guían aos visitantes polos camiños ata os máis veteranos que levan anos prestando as súas propiedades e o seu traballo para que o festival sexa o que é: un xeito diferente de gozar cultura dende fóra dos centros urbanos. A xente de Cans é ademais protagonista activa no festival, participando en producións audiovisuais e actuacións musicais, recibindo premios e homenaxes, traballando en todas as facetas da organización, montando exposicións e decidindo que curtas merecen o recoñecemento da veciñanza.
Cans de Futuro e Meigallos
![[Img #18812]](upload/img/periodico/img_18812.jpg)
O Festival de Cans comeza xa ás 10 da mañá coa primeira das xornadas de “Cans de Futuro”. Varios grupos escolares de colexios da comarca e arredores pasarán pola aldea para coñecer como se organiza un festival de cine tan singular e descubrir o audiovisual galego. Serán centos de escolares que durante tres días. Verán dúas as curtas gañadoras da edición de 2014 (Tupper e Ser e voltar), con subtítulos para persoas xordas, seguidas de coloquios con actores e directores.
Ás 18h no Baixo de Bugarín proxectarase Meigallos de Virginia Curiá, un filme de animación coa que a directora se estrea como directora de longametraxes, logo de pasar por Cans con varias curtas. Virginia Curiá estará presentando o seu traballo, que conta a aventura coa que a pequena Malva trata de rescatar á súa avoa, que foi secuestrada.
Inauguración do Muro dos Chimpíns e apertura oficial
Ás 20h inaugúrase un novo espazo: o Muro dos Chimpíns. Atópase na baixada ao río e nel quérese render homenaxe aos veciños e veciñas que colaboran co festival e que ao longo do tempo foron recibindo o chimpín de prata. Se directoras e actores teñen estrelas nun torreiro, os veciños teñen chimpíns nun muro. O recoñecemento nesta edición será para Juan Maceira, coñecido como Juan do Peso, carpinteiro xubilado que colabora estreitamente cos arquitectos e estudantes que participan na sección Cans Proxecta.
Media hora máis tarde, o festival bota a andar “oficialmente” co acto festivo que cada ano se celebra na rotonda de Adroza, onda o Can de Cans, un can de pedra xigante arredor do cal se congregarán as pandeireteiras da parroquia para darlle comezo a edición nº 12 a ritmo de música tradicional.
Documentais e serán con veciños e veciñas
Ás 21h a acción trasládase ao Baixo de Bugarín, onde se proxectarán dúas pezas documentais que poñen o foco en Cans e a súa xente. Viva San Estebo é unha curta documental de Diego Lage e Inés Martínez, na que retratan a máis arraigada celebración de Cans: a festa do Ramo, que se celebra cada 27 de decembro.
Cans do futuro (cada cinco) é un singular proxecto de JuanMa Lodo iniciado en 2010. Ese ano entrevistou a un grupo de rapaces e rapazas de Cans. Este ano volveu encontrarse con eles para ver que cambiou nas súa vidas, ao tempo que comeza unha nova rolda de entrevistas cos que agora son os máis pequenos da parroquia. Un proxecto que terá continuidade volvendo a rodar cada cinco anos.
Canzine 2015
Esta xornada preséntase tamén o Canzine 2015, a publicación oficial do festival, que recolle entrevistas a moitos dos protagonistas desta edición: o cineasta José Luis Cuerda; o actor Javier Gutiérrez; Sés; César Strawberry, vocalista de Dos tenores Def con Dos; Marc Ros, vocalista de Sidonie e ao dj de Radio 3 Ángel Carmona. Ademais, colaboran con seus artigos as actrices Sabela Arán e Ledicia Sola, a produtora Chelo Loureiro, os realizadores Virginia Curiá e Xacio Baño, a xornalista Patricia Martínez, Ana Cermeño, que escribe sobre o filme de Daniel Guzmán, os músicos Bieito Romero, Tony Lomba, Kepa Junkera e Rogelio Groba, o colectivo Poetarras, o arquitecto Juan Creus, o debuxante Xaquín Marín e Pixelin Photo. Tamén colaboran cos seus textos membros da organización e veciños como Merchi Sánchez, Abel Gallego e Ainhoa Cabaleiro.
A xornada remata co serán dos músicos da parroquia, na que participarán o grupo de acordeóns AcordeCans e as Pandereteiras de Cans.
PROGRAMA DO MÉRCORES 2O
Baixo de Bugarín (Cans)
10h00 Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións das curtas gañadoras de Cans 2014, con subtítulos para persoas xordas, e coloquios con directores e actores.
18h00 Proxección do filme de animación Meigallos, de Virginia Curiá.
Na costa da baixada do río (Cans)
20h00 Inaugación do Muro dos Chimpíns
Rotonda da Adroza (Cans)
20h30 Homenaxe ao Can de Cans. Pandereteiras de Cans.
Baixo de Bugarín (Cans)
21h00 Noite dos veciños de Cans. Proxección dos documentais Viva San Estebo, de Diego Lage e Inés Martínez, e Cans do Futuro (Cada cinco), de Juanma Lodo e presentación do trailer Can Sonoro
Presentación Canzine 2015
21h30 Serán dos músicos de Cans. Actuación das Pandereteiras de Cans e dos AcordeCans
PROGRAMA DO XOVES 21
Baixo de Bugarín (Cans)
10h00 Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións das curtas gañadoras de Cans 2014, con subtítulos para persoas xordas, e coloquios con directores e actores
Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño)
17h00 Nova sección! Rebobinando (se puidese voltar atrás). Proxección de A Esmorga comentada ao vivo por Ignacio Vilar, Antonio Durán Morris e Miguel de Lira
19h30 Procesión de chimpíns desde o Parque Infantil ata o CRC cos equipos técnico e artístico de A cambio de nada. Amenizado por Vacalouras vermellas
20h00 Estrea filme A cambio de nada, de Daniel Guzmán
Rúa San Sebastián, a carón do Pub Chimenea (O Porriño)
21h30 Apertura Can Parade, cos cans finalistas do concurso
22h00 Actuación de Hendrik Röver
23h00 Noite GIA, co concurso de videoclips presentado por Tati Moyano
00h30 Sesión musical con Juan Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213