Mos
A Xunta e o Concello de Mos asinan un convenio para reformar as aceiras e executar un muro de contención na parroquia de Tameiga
A actuación abarca un tramo duns 41 metros da rúa Rans, que comunica coa autovía A-55 nos seus dos extremos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para execución das obras de reposición do firme das aceiras e dun novo muro de contención na parroquia de Tameiga. A actuación abarca un tramo duns 41 metros da rúa Rans, que comunica coa autovía A-55 nos seus dos extremos. Esta actuación suporá un investimento de preto de 45.000 euros e poderán comezarse a executar neste mesmo verán.
Este acordo inclúese no marco do Plan Hurbe, que ten como principal finalidade promover a humanización das vilas e cidades galegas, dotándoas dos equipamentos precisos para un maior benestar dos seus veciños.
Este viario atópase urbanizado, a súa maior parte ten beirarrúas e zonas de aparcamento, está dotado de iluminación e sinalización tanto vertical como horizontal, a rede de pluviais está formada por sumidoiros de reixa e colectores. Polo que é necesario demoler o muro existente que non se atopa en condicións, polo que se define unha nova tipoloxía de muro de gravidade de bloques de pedra, máis acorde co entorno cunha altura aproximada de 3 metros e una lonxitude total de 41 m.
Así mesmo, hai que demoler a beirarrúa existente e parte do firme para aparcamento para que se sanee o trasdós do muro con material axeitado e debidamente compactado, inclúese tamén a reposición de firmes, pavimentos, postes de electricidade e iluminación, así como a sinalización horizontal e vertical.
A Consellería de Medio Ambiente levará a cabo a contratación, execución e dirección das obras e, pola súa parte, o Concello de Mos, terá que poñer á disposición os terreos necesarios para realizar a intervención; será o encargado de redactar os documentos técnicos que definan as obras que se van executar; e unha vez finalizadas estas, será o responsable da súa explotación e conservación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119