Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Ponteareas

A ANPA Tea apoia ás plataformas en defensa do ensino público na súa oposición á reválida de terceiro

A ANPA Tea oponse a que "unha redacción ambigua na LOMCE na que só fala de medidas ordinarias ou extraordinarias máis axeitadas" poida supoñer a repetición de curso ou unha nota no expediente do alumnado que condicione o seu futuro dentro do sistema educativo.

 

A ANPA Tea solicitou información por escrito no Consello Escolar do centro sobre que medidas se adoptarán e  sobre como se reflectirá o resultado desta proba no expediente académico do alumnado se este resulta desfavorable. Sinalan que "obtivemos como resposta as instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada que describe o DOG".

 

Estas probas levaranse a cabo no CEIP Fermín Bouza Brey os días 27 e 28 de maio. Dende a ANPA Tea enviouse xa ás familias “toda a información recadada aínda que insuficiente, lembrándolles o seu dereito a coñecer de que xeito poden participar na educación dos seus fillos e fillas e tamén como manifestar o seu desacordo, se é o caso, coa realización de ditas probas ou coa falta de información existente”.

 

Dende a  ANPA Tea amosan o seu apoio “ás familias que non queren someter aos seus fillos e fillas a un proceso avaliador que non ten ningunha finalidade educativa de mellorar a aprendizaxe, senón que só ten unha vontade de segregación”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.