Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Baiona

Medio Ambiente adxudica por maís de 670.000 euros as obras da nova fase da travesía de Sabarís

Realizarase unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de humanización da nova fase da Travesía interior de Sabarís, no Concello de Baiona, por un importe de máis de 670.000 euros.

 

Esta nova fase desta actuación, que está enmarcada dentro do Plan Hurbe, consistirá na adecuación da rúa Areas, dende a glorieta Santos Peralba ata o cruce coa avenida da praia Ladeira. O prazo de execución do que dispón a empresa adxudicataria, Atlántica de Construción e Medio Ambiente S.L., para a materialización das obras é de cinco meses.

 

O ámbito desta actuación mellorará uns 400 metros, o que a fará máis accesible para os peóns e, ademais, mantén as prazas de aparcamento, co que se consigue comodidade tamén para os vehículos. A necesidade de intervención nesa zona vén dada porque existen varias deficiencias nas redes de saneamento, pluviais e fecais. O proxecto emendará un problema ambiental e de salubridade publica, á vez que se propón a creación dun espazo de calidade para os veciños de Sabarís.

 

O proxecto prevé unha comunicación peonil no cruzamento da rúa Areas coa avenida da Praia Ladeira, coa finalidade de crear unha conexión segura coa praia desde o tecido urbano. Tamén se procederá a unha reordenación do tráfico rodado e peonil a un só nivel, coa eliminación de barreiras arquitectónicas, creando unha banda de circulación nun só sentido e outra banda funcional, que aloxará todo o paquete de equipamentos urbanos que se consideran precisos. O resto da sección de rúa estrutúrase como unha plataforma peonil na que se incorporan novos elementos de mobiliario urbano, bancos, arboredo, iluminación e xardinaría.

 

Cómpre recordar que o importe da actuación adxudicada, engádense aos 1,26 millóns de euros que xa se investiron na fase I e que permitiron a humanización de máis de 500 metros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.