Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 22 de Mayo de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

O museo do entroido de Salceda será “o gran proxecto cultural do PP”

En materia cultural os populares comprométense ademais a aumentar as axudas ás diferentes asociacións e centros culturais facendo un reparto máis equitativo

"A sabendas que o emprego e o benestar social son as máximas prioridades, no proxecto de futuro do Partido Popular de Salceda de Caselas tamén teñen cabida outras propostas, neste caso revolucionaria e innovadora. Trátase da creación do Museo do Entroido, no que se recollerá todo o referente a esta gran tradición ancestral con tanto arraigo no municipio e que cada ano reúne a miles de persoas na vila" aseguraron hoxe nun comunidaco de prensa do PP de Salceda.

 

En materia de cultura, o equipo liderado por Santiago Rodríguez Davila comprométese tamén a aumentar as axudas ás diferentes asociacións e centros culturais, facendo un reparto máis equitativo en función de diferentes varemos de puntuación, e ofreceráselle asesoramento para a tramitación de subvencións avisándolles da convocatoria das mesmas.

 

O PP traballará arreo para facer unha programación cultural que vaia a todos e a cada un dos centros culturais en cooperación coas distintas asociacións e colectivos e colaborará coas comisión de festas na elaboración dos plans de emerxencia e mobilidade esixidos pola nova Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia.

 

Educación

No que atinxe á educación, melloraranse as aulas do CRA tanto no interior como no exterior, daranse becas aos mellores expedientes académicos e apoiarase o transporte intermunicipal para o alumnado.

 

Como propostas "están darlle solución ao acceso a aula do CRA da Esfarrapada, implantar ensinanzas de FP e de Bacharelato no IES Pedras Rubias e crear unha comisión para estudar a necesidade dun novo colexio de Educación Primaria ante a masificación nas aulas do CEP Altamira" aseguran dende o PP.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.